Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Sarria ardeu en 1870. A frustración provocada polas políticas reaccionarias dos primeiros Gobernos do Sexenio ergueu a veciñanza, mobilizada pola forte organización republicano federal da vila. A resposta das forzas da orde provocou a morte de varios veciños.
O 17 de decembro era a data preferida por unha parte do nacionalismo para celebrar o Dia da Patria Galega. Malia que a II Asemblea Nacionalista de 1919 acordou instituír o 25 de xullo como festa nacional, o 17 de decembro mantívose até os anos 50 como unha efeméride chave do calendario nacionalista.
É unha expresión da oposición galega a política centralizadora do Goberno do Estado. Exemplifica a vinculación histórica entre a cuestión nacional e social evidente ao longo de todo o século XIX e tamén do XX. Significa, tamén, como aquelas posicións máis avanzadas no social teñen o seu correlato nunha alternativa de vangarda no nacional. Estamos, á fin, diante dunha das múltiples manifestacións da rebeldía galega coa reivindicación nacional como bandeira.
Durante moito tempo, as revoltas populares que puntuaron en Galiza a Restauración careceron dun relato coherente. Aparecían en historias locais ou como episodios illados de malestar social. A monografía Rebeldía galega contra a inxustiza, publicada por Sermos Galiza, procura outro relato dunha época de “dignidade, combatividade e rebeldía do pobo galego”.
O Bloque quere impulsar a partir da XV Asemblea Nacional unha iniciativa, baixo o título do manifesto suscrito por Manoel Antonio e Álvaro Cebreiro, para un diálogo e debate aberto coa sociedade.
Esta semana debullamos os sucesos de Sobredo, que constituirán un fito na loita antiforal na Galiza e unha páxina tráxica na nosa historia. Xa á venda na nosa loxa.
Confeso que non deixa de darme certo morbo o que quedará de nós despois das próximas eleccións xerais de España
O pobo cubano celebra hoxe o Día da Rebeldía Nacional, cando se cumpren 62 anos do asalto ao Cuartel Moncada.
Para denunciar a “espido da humanidade” perante o muro da vergoña de Melilla, Pallasos en Rebeldía, co clown galego Iván Prado como voceiro, desenvolveu unha acción reivindicativa que rematou cos artistas sen roupa á beira da reixa.
Aínda que vivimos nun contexto no que intenta imporse a hipnose televisiva de vivirmos no mellor dos mundos posibles, moitas veces enchémonos de valor para saírmos á rúa e miramos con ollos minimamente críticos.
“Coralia e Maruxa Fandiño Ricart. Afecto e rebeldía”. Son as palabras que fican inscritas na lápida do cemiterio de Boisaca onde están enterradas as Dúas Marías. Un acto público organizado pola A.C. O Galo e o Ateneo homenaxea as dúas mulleres que sufriron a represión mais foron coñecidas polas cores das súas roupas e as súas caras.
Iván Prado é integrante de Pallasos en rebeldía, un movemento cultural, social, que defende "a humanidade" a través do sorriso. Do humor. Con este "espazo de solidariedade internacional" viaxan ao centro dos conflitos que atinxen os pobos sahariano e palestiniano mais tamén ás comunidades indíxenas mexicanas. Desde o Líbano, partillou unha conversa 'virtual' con Sermos Galiza.