62º ANIVERSARIO DO ASALTO AO CUARTEL MONCADA

Cuba celebra o Día da Rebeldía Nacional

O pobo cubano celebra hoxe o Día da Rebeldía Nacional, cando se cumpren 62 anos do asalto ao Cuartel Moncada.

[Imaxe: Cubadebate]
photo_camera [Imaxe: Cubadebate]

Máis de 10.000 persoas participaron nun grande acto en Santiago de Cuba para conmemorar o asalto ao Cuartel Moncada, o lugar que deu orixe á Revolución. Con este asalto, Fidel Castro acompañado de mozos revolucionarios erguéronse contra o réxime ditatorial de Fulgencio Batista.

Para conmemorar a data, adolescentes entraron no cuartel acompañados dos comandantes da Revolución e, posteriormente, tivo lugar a lectura do poema “Xa estamos en combate”. A continuación, lembráronse os nomes dos que ofreceron a súa vida no asalto.

Este 62º aniversario foi especial, pois nel participaron os cinco antiterroristas cubanos. Ademais, é o primeiro 26 de xullo desde que se iniciou o proceso para restabelecer relación cos Estados Unidos.

Raúl Castro reivindica o espírito revolucionario

Con motivo da conmemoración do 26 de xullo, o presidente de Cuba, Raúl Castro, ofreceu unas breves palabras para eloxiar o tradicional espírito revolucionario e rebelde das persoas que viven en Santiago de Cuba, “voume coa esperanza de que sempre Santiago siga a ser Santiago”.

Máis en Mundo
Comentarios