O Xulgado de Instrución nº6 de A Coruña citou a declarar como imputados a outras 23 persoas implicadas na operación Zeta, que investiga unha trama de presunta fraude en fondos públicos para formación de parad@s. O TSXG informou que esta mesma cuarta feira notificou aos e ás novas imputadas a nova, co que o número total é xa de trinta.
As primeiras declaracións das persoas imputadas serán para o vindeiro mes de febreiro e poderían prolongarse até abril. Entre as sete primeiras persoas citadas está Gerardo Crespo, presunto líder da trama, e Eliseo Calviño, presidente da Confederación de Autónomos e Profesionais de España.
A causa segue por delitos de fraude de subvencións ou estafa, e malversación de caudais públicos, alén de falsidade documental, branqueo de capitais ou suborno.