O exército israelita lanza unha ofensiva terrestre sobre a Faixa de Gaza

“O primeiro ministro e o ministro da Defensa deron instrucións para iniciar unha operación no terreno esta noite e atinxir os túneis do terror entre Gaza e Israel”, pode lerse no comunicado do goberno.

ofensiva
photo_camera Bombardeo nocturno sobre Gaza


O obxectivo, segundo as Forzas de Defensa Israelitas (IDF), é responder aos ataques continuados que o territorio israelita ten sufrido e causar “baixas significativas no Hamas”.

Hai once días que os dous lados iniciaron un conflito armado que deitou xa perto de 250 mortes entre os palestinianos -a grande maioría delas civís, moitas crianzas entre elas- e apenas unha -un civil- en Israel.

Un portavoz do Hamas clasificou a ofensiva do exército israelita como "unha escalada seria" e garantiu, a través dun comunicado, que os responsábeis van "pagar caro".

Mais tres crianzas palestinianas mortas

A ofensiva terrestre surxe após un día que até comezou cun cese do fogo de cinco horas, pedido polas Nacións Unidas, para que os habitantes de Gaza puidesen recoller alimentos e reparar algunhas infraestruturas básicas. Logo após as treguas, a troca de misís voltou e e tres crianzas foron mortas na cidade de Gaza.

Durante o día circulou o rumor de que Hamas e Israel chegaran a un acordo para estabelecer un cesar do fogo permanente, mais ambos lados acabaron por desmentir esta posibilidade.

Comentarios