Monfero

Centro de saúde de Monfero (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Un só médico para atender case 2.000 persoas en Monfero

Veciñanza afectada comeza mobilizarse para exixir ao Sergas que reforce o cadro de persoal.
O Eume desde o miradoiro da Carboeira.
star
Andar e Ver

Ruta dos Cerqueiros nas Fragas do Eume

O Parque Natural das Fragas do Eume aséntase en territorio dos concellos de Pontedeume, Cabanas, A Capela, Monfero e As Pontes, no val do Eume e algúns dos seus afluentes. Unha área que dá para moitas visitas e camiñadas en distintos lugares e diferentes épocas do ano. Sempre podemos gozar de paisaxes espectaculares, dunha enorme diversidade de flora e fauna e das cores cambiantes. Podemos acceder por algunha das rutas sinalizadas ou simplemente camiñar por carreiros e pistas, perdéndonos e gozando da natureza e do exercicio físico.

A profesora do CPI Virxe da Cela, Verónica Dopico (segunda pola dereita), con alumnado e profesoras (Nós Diario)
SOCIAL

Verónica Dopico, profesora: "Queremos sensibilizar a toda a comunidade educativa dos temas vinculados ás ONG"

O CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, xunto co CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo, foi recoñecido co I Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, un galardón impulsado pola Coordinadora Galega de ONGD. A profesora Verónica Dopico é unha das impulsoras do Proxecto Monferosolidario do primeiro centro, unha iniciativa que xurdiu en 2008.
Ana Gonzalez, responsábel de Casa Lourán (Cristina Iglesias)
SOCIAL

Ana González, responsábel de Casa Lourán: "Non chega con ter a actividade económica rendíbel no rural se non tes servizos para vivir nel"

Hai que andar. Rural contemporánea. Vilachá
CULTURA

Monfero pon a súa memoria a andar

As veciñas e veciños da parroquia de Vilachá, en Monfero, levan dous anos reflexionando, recuperando a súa memoria e desenvolvendo accións de revalorización da cultura propia da man da asociación Rural Contemporánea, responsábel dos libros Historias de Vilachá (2018) e, recentemente, Hai que andar
grelo 2
Este sábado

O Grelo Folc encherá de música o Mosteiro de Monfero

O Sonoro Maxín, No Cómbaro, O Puto Coro do Exército Froilanista e Muebles Mendoza son algunhas das propostas musicais que acolle este sábado, 15 de outubro, o Grelo Folc, que se consolidou como un dos festivais de referencia do outono galego.

Do que don Álvaro Cunqueiro lle dixo a Manuel Hermida en Santa María de Monfero

Tratábanse de vello. Manuel Hermida, nos seus anos mozos, coincidira unha vez con Cunqueiro no coche de liña que facía a ruta Ribadeo-A Coruña. Antes de chegar a Betanzos, nunha casa de comidas que había en Coirós, á beira da estrada, o coche facía unha pequena parada e moitos viaxeiros baixaban para mercar uns famosos amendoados que alí vendían.

familia caamagno
CULTURA

O Grelo Folc en Monfero, o festival para esquecer o verán

O grelo merecía ter un festival que abrise as portas do outono  . O día 19 no mosteiro de Monfero, o Grelo Folc convida a bailar con As Pandereteiras Bouba ,Taghaitai, Os Tres Trebóns e Familia Caamagno. Con currasqueiro oficial e, pola tarde, “A Nabiciña”, para que a cativada goce tamén da grelada.