mobilización

Serra do Galiñeiro, vitoria

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, durante a rolda de prensa (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
TRABALLO

Os traballadores de Alcoa apostan por retomar a folga

A representación dos traballadores está chamada a unha reunión no Ministerio de Industria esta terza feira que podería facer mudar os plans de retomar a folga.
Marcha do persoal do Consorcio polas rúas de Compostela (Foto: CNT).
TRABALLO

Seguimento masivo ao paro no Consorcio de Benestar

As traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar anuncian novos paros após conseguir un seguemento superior a 50%.
fotonoticia_20210409143945_1920
SOCIAL

SOS Sanidade chama a mobilizarse desde o 21 de abril

Asociacións e plataformas agrupadas en torno a SOS Sanidade Pública chaman a que a sociedade galega se mobilice a próxima cuarta feira 21 de abril para "garantir" a presencialidade na Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e incrementar o persoal de maneira que se acabe coa "precariedade".

Protesta ante o negocio aberto pola entidade bancaria. (Foto: CIG)
TRABALLO

Acusan o Santander de "abrir chiringuitos" na Galiza mentres prepara un ERE para 370 empregadas

A hostalaría da zona onde abriu o "work café" da entidade bancaria en Vigo sumouse á protesta, ao considerar prexudicial esta "competencia". A representación sindical non só ve con preocupación a desaparición dos postos de traballo senón tamén o empeoramento da atención á clientela.
Concentración contra o Plan Forestal no concello de Cercedo Cotobade (Foto: Plataforma por un monte galego con futuro)
SOCIAL

Concentracións en toda Galiza contra o Plan Forestal da Xunta

A Plataforma por un monte galego con futuro reclama a paralización do Plan Forestal da Xunta e medidas concretas para controlar a moratoria da plantación de eucaliptos.

Da mañá do 8-M

Ferrol mani (BNG Ferrol)
SOCIAL

"Os dereitos das mulleres non se confinan": o feminismo chama a ocupar o espazo público no 8-M

Sindicatos, colectivos feministas e de mulleres manteñen perto dun cento de convocatorias na Galiza que chaman á mobilización con motivo do 8 de marzo. A resposta das Subdelegacións do Goberno español foi unánime: un escrito de Saúde Pública no que non aclara se permite ou non a mobilización e no que se limita a pedir que se cumpran as normas. O compromiso do movemento feminista é anterior e busca contestar na rúa o intento de criminalización que sufriu nas últimas datas.

Militantes do movimento feminista a festejar o 8-M.(Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Estas son as ducias de mobilizacións convocadas para o 8-M

O movemento feminista galego e os sindicatos convocan para esta segunda feira, 8 de marzo, ducias de mobilizacións, descentralizadas, en espazos abertos e con medidas de seguridade, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.

Concentración dos traballadores e traballadoras de Alu Ibérica na Coruña en xaneiro de 2021. (Foto: CCOO)
TRABALLO

Os traballadores de Alu Ibérica retoman a folga após o despedimento de 4 membros do comité

CCOO, CIG e UGT anuncian mobilizacións contra “a represión sindical” en Alu Ibérica.

hasel incidentes disturv¡bios vilaweb
INTERNACIONAL

Manifestacións multitudinarias en Catalunya pola liberdade de Hasel rematan en enfrontamentos coa policía

Quince arrestados e 33 feridos nos disturbios polo encarceramento do rapeiro.

Inditex cig protestas horarios
TRABALLO

Persoal de Inditex volve á rúa contra os "recortes de dereitos"

Denuncian que Inditex “cando se dan casos positivos nas tendas, agochan os contactos estreitos, priorizando as vendas”.

21-02-07_Protestas_Saida_Galega_Crise_Vigo_01
SOCIAL

Mobilizacións na Galiza por "unha saída xusta da crise"

A CIG desenvolveu unha xornada de mobilizacións por toda Galiza para esixir políticas que permitan unha recuperación socioeconómica e condicións "dignas". 
cig-lugo
TRABALLO

7 de febreiro: CIG convoca xornada de mobilizacións por unha “saída galega xusta da crise”

Manifestacións que se desenvolverán en 18 localidades.

Concentración dos traballadores e traballadoras de Alu Ibérica na Coruña en xaneiro de 2021. (Foto: CCOO)
TRABALLO

Alu Ibérica segue parada tras 23 días de folga indefinida

O persoal da factoría da Coruña mantén as mobilizacións na rúa para demandar a readmisión dunha compañeira despedida e a intervención pública da planta.
Máis dun cento de persoas apoiaron onte esta primeira convocatoria en Compostela, que contou co apoio de entidades como a CIG. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Galiza mobilízase polo pobo saharauí

Unha concentración en Compostela, convocada pola Delegación Saharauí na Galiza e por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, serviu hoxe para amosar o apoio da sociedade galega a este pobo contra os últimos ataques do exército marroquí no Sáhara Occidental, que están a recruar un conflito que dura case 30 anos. 
Protesta dos traballadores e das traballadoras do naval ante o Concello de Ferrol (Foto: CIG).
TRABALLO

O naval ferrolán volve saír a rúa en demanda de carga de traballo

A CIG alerta de que a falta de investimentos nos estaleiros condiciona o futuro do sector naval na ría de Ferrol.
O colectivo hostaleiro da Galiza manifestouse en Compostela polo futuro do sector (Europa Press).
ECONOMÍA

A hostalaría, ao límite da súa resistencia

O sector da hostalaría da Galiza mobilizouse de forma masiva en Compostela. Nunha marcha simbólica polo futuro da restauración, a hospedaxe e o ocio nocturno, xerentes e traballadores percorreron o tramo final do Camiño de Santiago até a praza do Obradoiro. Reclaman maior compromiso da Xunta e un plan de rescate completo que sosteña os seus negocios sen máis sacrificios nin acusacións de culpabilidade.
Manifestación dos traballadores da Xunta en San Caetano (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

O comité de Alcoa prepara unha manifestación o día 24 en Lugo

Os traballadores aproveitarán a manifestación de Lugo para presentar na Subdelegación do Goberno español un escrito instando á intervención da planta de Cervo.

Vencer o medo para construír o futuro