Opinión

Serra do Galiñeiro, vitoria

[Xesús M. Piñeiro]

Dez anos de persistente traballo e incesante mobilización social deron os seus froitos: o proxecto eólico que pretendía levantar 14 aeroxeradores na Serra do Galiñeiro non seguirá adiante. A impulsora deste plan, presentado en 2010, foi unha empresa promovida pola multinacional Element Power, e decidiu tirar a toalla.

A biodiversidade e xeodiversidade dese entorno é un patrimonio natural que debe ser conservado e a iso se dedicaron nestes anos desde a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, mobilizando un rico tecido social e veciñal.

Nas comarcas afectadas polas ducias de plans eólicos en marcha na Galiza a veciñanza está organizándose contra uns proxectos que consideran lesivos. O problema non é a enerxía renovábel, aclaran, senón un modelo para a Galiza no que o eólico prevalece sobre calquera criterio socioeconómico, ambiental ou patrimonial e onde a veciñanza non ten voz.

Na Serra do Galiñeiro, e sen desfalecer durante unha década, a veciñanza fixo que se escoitase a súa voz. E o que conseguiron é un exemplo para toda Galiza.

Comentarios