O feminismo galego, nucleado ao redor da plataforma Galegas8M, convocou os seguintes actos para a próxima segunda feira, baixo o lema "Sen coidados non hai vida. Mulleres en folga: esenciais, precarizadas e fartas!"
- A Coruña: praza das Cigarreiras / Praza de María Pita, ás 17 horas
- Oleiros: praza de Esther Pita, ás 19.30 horas
- Ferrol: ponte nova, ás 19.30 horas
- Ribeira: praza do Concello, ás 19 horas
- Compostela: manifestación desde a praza 8 de Marzo, ás 18 horas, e treboadas pola cidade desde as 11.30 horas
- Ponte Caldelas: alameda e praza da Fonte, ás 18 horas
- Vilagarcía de Arousa: praza de Galiza, ás 20 horas
- Vila de Cruces: praza do Concello, ás 12 horas
- Lalín: desde o Qm 0, ás 12 horas
- Vigo: praza dos Cabalos, ás 18 horas
- Barreiros: praza do Concello, ás 20 horas
- Burela: praza do Concello, ás 20 horas
- Cervo: Casa da Cultura / IES Marqués de Sargadelos, ás 12 horas
- Ribadeo: aparcadoiro da Avenida da Galiza-Concello, ás 12 horas
- Foz: avenida da Mariña, ás 12 horas
- Xove: centro cívico, ás 16.30 horas
- Viveiro: xardíns, ás 17.30 horas
- O Valadouro: praza de Santa María, ás 19 horas
- Lugo: praza de Santa María / Horta do Seminario, ás 20 horas
- Baamonde: praza de Baamonde, ás 20 horas
- Vilalba: praza da Constitución, ás 12 horas
- Cospeito: praza Maior de Muimenta, ás 17 horas
- Xermade: praza do Concello, ás 10 horas
- Ourense: cruce de Xoán XXIII-CHUO, ás 17 horas
- Allariz: campo da Barreira-Praza do Concello, ás 18 horas
- A Gudiña: diante do Concello, ás 12 horas
- Vilaboa: marcha en bicicleta desde a residencia de maiores ás 16 horas e concentración en Riomaior ás 19 horas
- As Pontes: diante do concello, ás 12 horas
- Monforte: praza da Compaña, ás 20 horas
- Chantada: praza de Santa Ana, ás 19 horas
- Catoira: diante do Concello, ás 20 horas
- Boiro: diante do Concello, ás 20 horas
- Noia: diante do Concello, ás 19 horas
- Fisterra: praza 8 de Marzo, ás 20 horas
Tamén organiza mobilizacións a CIG, sindicato que convocou un folga de 24 horas de mulleres para a xornada da segunda feira e que se suma aos actos convocados por Galegas8M.
- A Coruña: Marcha 1, con saída da Torre de Hércules ás 11.30 horas / Marcha 2, con saída da Casa do Mar, ás 11.15 horas / Marcha 3 con saída da praza de Vigo ás 11.30 horas e Concentración na praza de Pontevedra ás 12 horas.
- Carballo: saída do local da CIG ás 11.30 horas e concentración na praza do Concello ás 12 horas.
- Cee: concentración na praza 8 de Marzo ás 12 horas
- Ferrol: local da CIG ás 11 horas e concentración na praza de Armas ás 12 horas
- As Pontes: praza do Concello ás 12 horas
- Compostela: Concentración 1 no centro comercial As Cancelas ás 11 horas / Concentración 2 na Xunta da Galiza ás 11 horas / Concentración 3 na praza da Galiza ás 11 horas / Concentración 4 no CHUS ás 11 horas
- Ribeira: praza da Porta do Sol ás 12 horas
- Pontevedra: Marcha 1 saída desde a praza do Hospital ás 11.15 horas / Marcha 2 saída do peirao das Corvaceiras ás 11.15 horas e concentración na praza da Ferraría ás 11.15
- Vilagarcía: Marcha 1 desde a avenida de Cambados ás 12 horas / Marcha 2 desde a rotonda Ramal ás 12 horas e concentración na praza da Galiza ás 12 horas
- O Grove: Saída de Rons ás 12 horas e concentración na praza do Corgo ás 12.30 horas
- Cambados: praza do concello ás 12.30 horas
- Lalín: praza da Torre ás 12 horas
- A Estrada: manifestación con saída da praza do Mercado ás 12 horas
- Bueu: diante do concello ás 12 horas
- Cangas: diante do concello ás 12 horas
- Moaña: diante do concello ás 12 horas
- Vigo: cruce de Gran Vía con Urzáiz ás 12 horas
- Redondela: concentración na rotonda do Mercadona ás 12 horas
- O Porriño: concentración na rotonda das Angustias ás 12 horas
- A Guarda: concentración na praza da Guía ás 12 horas
- Burela: concentración diante do Hospital ás 12 horas
- Lugo: concentración na Ronda da Muralla, diante do edificio multiusos da Xunta ás 12 horas
- Ourense: manifestación con saída desde a Avenida de Pontevedra ás 11 horas
- Verín: concentración na praza do Concello ás 12 horas
Ademais, convocou folga de mulleres de 24 horas a CUT, que chama a participar nas concentracións de Galegas8M.
CCOO e UXT, que optaron por non convocar greve, organiza baixo o lema "Por que non somos iguais?" concentracións ás 12 horas do 8 de marzo nas súas sedes da Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Tamén hai convocatorias como a do Concello da Pobra, cunha caravana feminista. O circuíto iniciarase ás 20:00 horas no paseo dos Areos para continuar pola rúa da Ponte, rúa Gasset, rúa da Paz, rúa Díaz de Rábago e rúa Anxo Rey Ballesteros