As seis medidas máis destacadas do Goberno español para facer fronte á crise
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, compareceu ante os medios tras concluír o Consello de Ministros e Ministras que aprobou o decreto de medidas anticrise para dar a coñecer as principais actuacións. Eis un resumo do anuncio.
O subcomité clínico analiza se modifica algunha das medidas en vigor ou incorpora outras novas
Que está restrinxido na hostalaría, reunións sociais, cultura ou deporte desde hoxe e até 18 de xaneiro?
A Xunta recomenda que se prohiba acceder a parques e praias de 3 a 6 da mañá. Confirma os límites de horario e actividade para os locais de lecer nocturno até o 18 de xaneiro
A Xunta estuda novas medidas ante o aumento de casos Covid
A Xunta adianta a saída da emerxencia sanitaria a esta sexta feira
A declaración do estado de emerxencia sanitaria o 13 de marzo de 2020 na Galiza supuxo, entre outras cuestións, a activación do Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel de emerxencia de interese galego (IG). Dezanove meses despois, o Goberno galego dá por concluída esta situación extraordinaria, que esta mesma sexta feira (unha xornada antes do que se anunciou por parte das autoridades) xa non está vixente e, por conseguinte, queda "desactivada" esa medida, que deberá ser comunicada hora á Axencia Galega de Emerxencias.
Hoteis e albergues poden ofertar o 100% das súas prazas e 'buffet' libre e volven os cócteles de empresa
Galiza inicia este sábado o camiño cara á "normalidade absoluta", un novo escenario no que, en todo caso, pervivirán elementos como a máscara. Con todo, esta fin de semana xeneralízanse as ocupacións máximas do 90% en interiores e o sector turístico, que ten por diante a ponte de outubro, poderá ofertar no caso de hoteis, albergues e estabelecementos hostaleiros o 100% das súas prazas, así como ofrecer buffet aos seus clientes. Ademais, volven os cócteles e aperitivos nos eventos laborais.
A Xunta autoriza concertos de entre 2.500 e 5.000 persoas sentadas e reabre todos os casinos e bingos
O Goberno galego autoriza a realización de concertos en todos os concellos galegos, independentemente do nivel de contaxios Covid que teñan, con público sentado que poderá ir dos 2.500 de capacidade para os que teñen máis restricións até os 5.000 do nivel con menos incidencia acumulada.
A Xunta prohibirá reunións de máis de 6 persoas en interior e de 10 en exterior ou 2 grupos de conviventes
7 concellos pasan a nivel máximo de restricións e 29 a nivel alto. Para acceder ao interior da hostelaría neses municipios será obrigatorio presentar proba negativa de PCR ou certificado de vacinación.
En concellos en nivel máximo e alto, prohibidas as reunións de non conviventes entre as 1 e as 6 horas da madrugada. Pola súa banda, nos concellos en nivel medio e baixo, onde segue aberto o lecer nocturno, as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as 3 e as 6 horas.
A Xunta pedirá autorización ao TSXG para adoptar estas restricións a partir deste sábado, 24 de xullo.
O Comité Clínico continúa favorecendo Sanxenxo e non adoptará máis restricións até a terza feira
Galiza multiplicou máis que por dous o número de casos activos na última semana, ao pasar dos 3.670 da pasada sexta aos 8.319 desta xornada e, só no últimos tres días, sumáronse 3.205 contaxios detectados novos.
O comité clínico decidirá novas restricións ante a suba "explosiva" e revisará medidas de grandes eventos
A Xunta reabre as prazas de touros e os circos
O Goberno galego volve permitir desde as 00 horas deste sábado as touradas, os circos, as feiras, exhibicións e os espectáculos pirotécnicos. Tamén dá luz verde á apertura das actividades recreativas.
Ampliadas a 6 persoas as reunións de non conviventes en interiores e a 10 en exteriores
O comité clínico estuda relaxar os límites ás reunións en interiores e exteriores
Beade, o único concello que comeza a semana no nivel máximo de restricións
O concello de Beade comeza a semana no nivel máximo de restricións, mentres que Sanxenxo e Baiona se manteñen no nivel alto xunto con oito municipios máis.
Só Beade fica no nivel máximo de restricións e Sanxenxo e Baiona seguirán no alto
Despois da xuntanza do subcomité clínico na mañá da sexta feira, a Xunta da Galiza decidiu manter o nivel máximo de restricións en Beade, o único concello que fica fechado perimetralmente.
Podo cruzar municipios fechados para desprazarme a un lugar permitido? A Xunta aclárao
A Xunta incluíu no decreto de actualización de medidas para a contención da Covid-19, que entrou en vigor a pasada medianoite, a posibilidade de cruzar "sen ningunha restrición" territorios que estean fechados para realizar desprazamentos permitidos a municipios no mesmo nivel.