A Xunta adianta a saída da emerxencia sanitaria a esta sexta feira

A declaración do estado de emerxencia sanitaria o 13 de marzo de 2020 na Galiza supuxo, entre outras cuestións, a activación do Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel de emerxencia de interese galego (IG). Dezanove meses despois, o Goberno galego dá por concluída esta situación extraordinaria, que esta mesma sexta feira (unha xornada antes do que se anunciou por parte das autoridades) xa non está vixente e, por conseguinte, queda "desactivada" esa medida, que deberá ser comunicada hora á Axencia Galega de Emerxencias.

Imaxe de arquivo de consumidores nas terrazas da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #coronavirus #covid19 #restricións #sergas #pandemia #acoruña #terrazas #hostalaría
photo_camera Imaxe de arquivo de consumidores nas terrazas da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #coronavirus #covid19 #restricións #sergas #pandemia #acoruña #terrazas #hostalaría
Comentarios