A Xunta prohibirá reunións de máis de 6 persoas en interior e de 10 en exterior ou 2 grupos de conviventes

7 concellos pasan a nivel máximo de restricións e 29 a nivel alto. Para acceder ao interior da hostelaría neses municipios será obrigatorio presentar proba negativa de PCR ou certificado de vacinación.

En concellos en nivel máximo e alto, prohibidas as reunións de non conviventes entre as 1 e as 6 horas da madrugada. Pola súa banda, nos concellos en nivel medio e baixo, onde segue aberto o lecer nocturno, as reunións de non conviventes estarán prohibidas entre as 3 e as 6 horas.

A Xunta pedirá autorización ao TSXG para adoptar estas restricións a partir deste sábado, 24 de xullo.

Rueda de prensa Comite Clinico
photo_camera Feixoo na súa comparecencia para dar conta das novas restricións (Foto: Arxina)
Comentarios