Listas de espera

A Galiza ten unha ratio de 3,5 psicólogos por cada 100.000 habitantes, moi inferior á media estatal. (Foto: Nós Diario).
star
Petición de transparencia de 'Nós Diario'

O Plan galego de saúde mental, lonxe de mellorar o servizo

Na Galiza hai actualmente 3.186 persoas agardando a seren atendidas por un ou unha psicóloga clínica no Sergas, cun tempo medio de espera de 55,7 días. Así o confirmou Sanidade a 'Nós Diario' a través dunha solicitude de transparencia. Porén, o dato estraña ás propias profesionais, que falan de "até seis meses de agarda" e advirten da saturación dun servizo que conta coa peor ratio de persoal do Estado após Andalucía. A Xunta comprometeuse a efectuar 45 contratacións até 2024, mais daquela a ratio seguirá a estar por baixo da media estatal.
Hospital de Povisa en Vigo, propiedade do grupo Ribera Salud. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Un grupo privado xestionará, por 16 millóns de euros, a metade da lista de espera da área sanitaria viguesa

Trátase dun concurso público de 16,5 millóns e de dous anos de duración, segundo a denuncia da CIG.

Cabeceira da manifestación polas rúas de Vigo en defensa da Atención Primaria, o pasado setembro (Foto: Nós Diario).
star
SOCIAL

Máis un SOS da Atención Primaria

Profesionais e usuarias da sanidade pública manifestáronse pola rúas de Vigo convocadas pola xunta de persoal da área sanitaria. Como representantes das traballadoras e traballadores tanto dos servizos de Atención Primaria como de Atención Hospitalaria, avogan por retomar as mobilizacións e recuperar a confianza da cidadanía no nivel básico da asistencia sanitaria. A Atención Primaria está no centro do sistema, urxe un cambio de modelo e debe ir máis aló das demandas expresas das pacientes. É o principal garante dos principios de equidade e accesibilidade á sanidade pública. 
O tempo medio de agarda en cirurxía aumentou en 25% desde antes da pandemia. (Foto: Europa Press)
star
SOCIAL

As listas de agarda do Sergas baixo sospeita: 200 días para unha cirurxía

É o principal motivo de malestar co sistema sanitario público. Mentres os responsábeis da Xunta da Galiza destacan a mellora dos tempos de espera na sanidade galega, malia os atrasos provocados pola paralización da actividade como consecuencia da pandemia, profesionais da saúde ou organismos independentes poñen en cuestión os datos fornecidos polo Executivo galego. A Consellaría de Sanidade recoñece que máis de 300.000 galegas e galegos fan parte da lista de agarda de Atención Especializada con tempos de espera que nalgún caso superan os prazos legais. 
Núñez Feixoo e o conselleiro de Sanidade, García Comesaña, visitan o Meixoeiro de Vigo (Foto: Xunta da Galiza).
SOCIAL

Colectivos en defensa da sanidade pública cuestionan os datos do Sergas das listas de agarda

O Sergas presume de ter mellorado os tempos de agarda a respecto do pasado ano, cando se dispararon por mor da pandemia, mais os rexistros nas cirurxías e as probas diagnósticas son aínda superiores ao estabelecido na Lei de garantías de 2014. Aliás, diferentes plataformas advirten que as cifras serían moito maiores.

A espera

Hospital Clínico de Santiago (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Usuarias denuncian o despedimento de 2 radiólogos do CHUS, servizo con 6.144 pacientes en lista de espera

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia o que cualifica como “unha decisión ilóxica e antisocial que lesiona o dereito á atención sanitaria”.

Alberto Núñez Feixoo e Julio García Comesaña durante unha visita ás unidades de Radioterapia e Medicina Nuclear do Meixoeiro de Vigo. (Foto: David Cabezón / Xunta da Galiza).
star
SOCIAL

O atraso asistencial urxe transparencia e criterios de saúde

A pandemia da Covid-19 ocasionou un atraso asistencial que as listas de espera hospitalaria esbozan sen chegar a reflectir a realidade da demanda sanitaria e dos tempos de agarda aos que se vén sometidos os doentes. A transparencia das listas de agarda é unha vella reivindicación de pacientes e sindicatos que piden aclarar os criterios que rexen as esperas e facer públicos todos os rexistros para unha mellor das demoras e da saúde das persoas.
Hospital Clínico de Santiago (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Pacientes acusan a Sanidade de manipular listas de agarda

A Xerencia do CHUS responde a M.M.R. que a súa operación se realizará no prazo previsto legalmente, 90 días, cando xa leva 399 días en agarda para ser intervido.
As resonancias magnéticas e os TAC adoitan acumular demoras no caso de pacientes oncolóxicos. (Foto: Europa Press)
star
SOCIAL

A demora nas probas diagnósticas é anterior á Covid

Segundo revelou a Asociación Española Contra o Cancro coincidindo co día mundial contra esta doenza, durante o confinamento produciuse un descenso de 21% en novos diagnósticos e a paralización dos programas de cribado que permiten unha detección precoz de moitos tumores. As conclusións son xerais para todo o Estado e sinalan, tamén, unha diminución das probas diagnósticas de seguimento das pacientes oncolóxicas. Doentes galegas con cancro confirman coa súa experiencia demoras que son anteriores á pandemia e que nos convidan a achegarnos aos tempos oficiais de espera divulgados polo Sergas. 
A  Covid-19 paralizou desde marza o funcionamento ordinario da atención primaria e hospitalaria (Glòria Sánchez / Europa Press)
star
SOCIAL

O impacto da Covid na atención sanitaria: miles de cancelacións e aumento da mortalidade

 Ademais dunha mortalidade directa moi elevada, a Covid-19 deixa un aumento de patoloxías graves que complica a supervivencia entre pacientes con enfermidades curábeis e reduce tanto a calidade como a esperanza de vida. Son consecuencia da deterioración do propio sistema sanitario, paralizado tras a chegada do coronavirus. Profesionais e usuarias urxen reactivalo. Piden circuítos seguros na Atención Primaria e a redución das listas de espera hospitalaria.
EuropaPress_3484174_fotos_xunta_sanidade_asistencia_comision. o director  xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal
POLÍTICA

Máis de 36 días para unha cita psiquiátrica

A Xunta apunta á redución das listas de espera, de 8.000 persoas a 5.000, e tamén dos tempos, que hai un ano superaban os 41 días.
Unha ambulancia traslada un doente ao hospital de Lugo (Carlos Castro / Europa Press).
SOCIAL

As esperas derivadas da Covid, unha incógnita

O Sergas suma case tres meses de demora na publicación das listas de espera sanitarias, as primeiras afectadas polo coronavirus e a interrupción da actividade regular nos hospitais.
raquel abraira paciente hula
SOCIAL

Usuarias da sanidade pública denuncian a demora do Sergas na atención hospitalaria

Paciente e usuarias da sanidade pública denuncian as demoras e o abandono do Sergas no marco do plan de reactivación da asistencia hospitalaria após a fin do confinamento. A paralización da atención especializada durante semanas suspendeu probas e tratamentos que agora acumulan até un ano de demora.
cirurxía quirófano hospital (Europa Press)
SOCIAL

55 días de demora para se operar na Galiza

As estatísticas do Ministerio de Sanidade indican que o tempo medio de espera para unha intervención cirúrxica na Galiza é de 55 días. É o dato oficial a 31 de decembro de 2019, data na que os rexistros recollían 35.720 persoas pendentes de operarse e 166.827 á espera dunha primeira consulta especializada.
Corredor hospital.
SOCIAL

Baleiros e incertezas nas esperas sanitarias

Galiza pechou 2019 cun tempo medio de espera cirúrxica de 54,5 días. Unha marca, explica o Servizo Galego de Saúde, que mellora todos os rexistros históricos e sitúa o territorio galego entre os que ofrecen os indicadores máis sobresalientes do sistema estatal de saúde. Fronte ás cifras ofrecidas polo Sergas, representantes das usuarias e do colectivo médico, reclaman a publicidade dos tempos reais de todos os procesos que asiste a sanidade pública.
.
SOCIAL

Perto dun ano de espera pola tramitación da dependencia

Na Galiza, os expedientes en materia de dependencia tardan unha media de 342 días en seren tramitados, un período que se encadra por baixo da media estatal.
camassergas2 (1)
O 15% das camas hospitalarias desmantélanse de xuño a setembro

Na Galiza é mellor non enfermar durante o verán

Na Galiza temos poucas camas hospitalarias —apenas 3 por cada mil habitantes— se nos comparamos co promedio da UE —por volta de 5— ou se temos en mente as recomendacións da OMS —entre 8 e 10. Mais a situación aínda é peor no verán. Por volta de 1.000 prazas hospitalarias vense desmanteladas no período vacacional que vai de xuño a setembro. A Xunta di que ten todo baixo control e que a calidade asistencial está garantida. Os sindicatos e a Plataforma SOS Sanidade Pública ven no encerramento de camas unha deficiente planificación dos recursos por parte da Consellaría e as secuelas dunha década longa de recortes.
SOCIAL

Pacientes e usuarias do CHUS denuncian “vulneración da legalidade” nas listas de espera

Aprazan até 2020 peticións facultativas de probas que non deberían demorarse máis de 3 meses. A Xerencia nega a veracidade desas denuncias.