As listas de agarda do Sergas baixo sospeita: 200 días para unha cirurxía

É o principal motivo de malestar co sistema sanitario público. Mentres os responsábeis da Xunta da Galiza destacan a mellora dos tempos de espera na sanidade galega, malia os atrasos provocados pola paralización da actividade como consecuencia da pandemia, profesionais da saúde ou organismos independentes poñen en cuestión os datos fornecidos polo Executivo galego. A Consellaría de Sanidade recoñece que máis de 300.000 galegas e galegos fan parte da lista de agarda de Atención Especializada con tempos de espera que nalgún caso superan os prazos legais. 
O tempo medio de agarda en cirurxía aumentou en 25% desde antes da pandemia. (Foto: Europa Press)
photo_camera O tempo medio de agarda en cirurxía aumentou en 25% desde antes da pandemia. (Foto: Europa Press)
comentarios