LGBTIQ+

Os feitos aconteceron, segundo denuncia ALAS A Coruña, nunha clínica de saúde mental privada de Ourense (Foto: Microgen).
SOCIAL

Denuncian un caso de transfobia nunha clínica psiquiátrica de Ourense: "A transexualidade vai en contra da bioloxía"

"Por culpa das feministas, estáselle a dar visibilidade á transexualidade e estase a converter nunha moda", teríalle dito o psiquiatra á denunciante. Segundo explica o colectivo ALAS A Coruña, os feitos foron postos en coñecemento do Colexio de Médicos e a Valedora do Pobo.
A pintada aparecida en Oleiros (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Denuncian a aparición dunha nova pintada homófoba en Oleiros

Non é a primeira vez que o municipio é vítima dun ataque coma este.
Concentración contra as agresións LGTBfóbicas o pasado mes de xullo na Coruña (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

20-N, día da memoria trans: convocan unha vixilia silenciosa en lembranza das vítimas da LGBTIfobia

A Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS A Coruña) convoca a toda a cidadanía a participar nunha vixilia silenciosa en apoio e lembranza de todas as vítimas da LGTBIfobia.

Unha muller embarazada, nunha imaxe de arquivo. (Foto: UGR / Europa Press)
SOCIAL

Sanidade financiará a reprodución asistida ás persoas trans que poidan xestar

O Ministerio de Sanidade aprobou esta sexta feira unha orde para que o Sistema Nacional de Saúde sufrague a xestación asistida a todas as mulleres, independentemente da súa orientación sexual e do seu estado civil, así como ás persoas trans con capacidade xestante, é dicir homes que naceron oficialmente mulleres e cambiaron de sexo rexistral.

Imaxe de arquivo da sede da CRTVG. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Un Xulgado tomba a demanda do traballador da TVG que denunciara acoso por ser homosexual

O Xulgado do Social número 3 de Compostela vén de desestimar a demanda presentada polo traballador da TVG Fito Ferreiro pola “situación de acoso” que, segundo CCOO e Alas A Coruña, “leva sufrindo desde hai anos pola súa actividade sindical, política” e “de forma especial por ser homosexual”.

Manifestación en Compostela con motivo do Día do Orgullo LGBT+, no pasado mes de xuño (Foto: Arxina).
SOCIAL

Agriden un home en Vigo ao berro de "maricón de merda"

Un home foi agredido e insultado na madrugada deste sábado no Berbés (Vigo), no que semella un novo caso de delito de odio contra as persoas LGBT+.

LGTBIfobia e choio

Presentación do informe (Nós Diario).
TRABALLO

Seis de cada dez persoas LGTBI viviron unha agresión no traballo

Un informe realizado pola UXT, baseado nunha enquisa a nivel estatal, achega datos sobre a situación laboral deste colectivo. Galiza está entre as tres comunidades onde a percepción da discriminación por este motivo é máis alta.  
Adriana Romero é unha firme defensora dos dereitos do colectivo LGTBIQ+. (Foto: Nós Diario) #adrianaromero #ciberactivista #redessociais #youtube
Adriana Romero é ciberactivista

Adriana Romero: “É importante que cada vez haxa nas redes sociais máis xente comprometida co galego”

Adriana Romero é unha ciberactivista que abordar temas como o feminismo, o galeguismo ou a igualdade LGTBIQ+. Baixo o nome de “Galiza en pé”, Romero posiciónase de modo claro en contra das inxustizas sociais e a prol dos colectivos máis desfavorecidos. Considera que as redes son unha ferramenta moi útil para concienciar sobre temáticas que afectan no día a día a moitas persoas.

Igual, diferente

oleiros lgtvi
SOCIAL

“Aquí antes había unha pintada homófoba”

Restauran en Oleiros a bandeira do arco da vella que foi vandalizada hai uns días no acceso ao IES Miraflores.

Simboloxía pola liberdade afectiva e sexual vandalizada en Oleiros.
POLÍTICA

O BNG alerta do aumento da violencia contra o colectivo LGBT

O Bloque reclamará incluír na Lei de Igualdade  de trato e non discriminación das persoas LGBT,  un apartado específico contra todo tipo de LGBTfobia  

 

Simboloxía pola liberdade afectiva e sexual vandalizada en Oleiros.
SOCIAL

Denuncian novas expresións de LGTBIfobia en centros educativos de Oleiros

O BNG de Oleiros amósase "moi preocupado por unha escalada sen precedentes" de LGTBIfobia na contorna educativa do concello, ante a que urxe a intervención da Consellaría de Educación.
marinita
CULTURA

Leonor Sangabriel. actriz: “É esencial que a sociedade e as institucións formen parte da loita do colectivo LGTBIQ+”

A compañía de teatro 'Marinita e as súas Maromas' naceu no 2018 co obxectivo de reivindicar a palabra travesti e darlle un significante máis próximo á realidade. As súas integrantes, Leonor, Nicolás, Eduardo e Roberto teñen claro que non existen fórmulas máxicas que permitan acadar o éxito, e menos no mundo do espectáculo. Todo o que conseguiron pasa, en palabras de Leonor, por “traballar, traballar e traballar aínda máis”.  
 
trans bandeira
SOCIAL

‘Nós Mesmas’ denuncia ante a Valedora “transfobia” en rexistros civís á hora de cambiar a mención ao sexo no DI

Consideran que as persoas trans ven vulnerados os seus dereitos.

EuropaPress_3344363_marcha_igualdad_comunidad_lgtbi_celebrada_finales_agosto_cracovia_capital
INTERNACIONAL

Bruxelas abre expediente a Hungría e Polonia polas súas leis antiLGTBI

A Comisión Europea considera que as leis de Polonia e Hungría violan dereitos fundamentais das persoas LGTB+.
A valedora Dolores Fernández e a vicevaledora María Xosé Porteiro (Foto: Europa Press)
SOCIAL

A valedora do Pobo chama a atención sobre a afectación da pandemia ás persoas LGTBI

BNG e PSdeG alertan do elevado número de queixas en sanidade e política social e o PPdeG destaca a colaboración da Xunta coa Valedoría
Un momento da manifestación desta tarde. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Centos de persoas piden "xustiza para Samuel" polas rúas da Coruña

A cidadanía xúntase para reivindicar que "non morreu, foi asasinado". Aliás, demanda pór fin ao discurso do "odio e a indiferenza".
Lugar no que foi asasinado Samuel, na rúa Buenos Aires. (Foto: M. Dylan / Europa Press) #samuel #samuelluiz #buenosaires #rúa #homenaxe #asasinato #acoruña #lgtb+ #lgtbqi+
SOCIAL

Perto de 47.000 persoas piden que a rúa Buenos Aires da Coruña pase a chamarse Samuel Luiz

Ademais da campaña iniciada para facerlle esa homenaxe ao mozo asasinado na madrugada do pasado sábado na Coruña, este domingo á tarde está prevista unha manifestación no seu recordo e para protestar "contra o odio e a indiferenza".
Amizades de Samuel Luiz no decorrer da concentración na Coruña. (Foto: M.Dylan / Europa Press).
SOCIAL

O xulgado decreta o internamento nun centro dos menores presuntamente implicados no asasinato de Samuel

A maxistrada que tomou declaración aos catro adultos detidos pola súa posíbel relación co crime optou por enviar a prisión, comunicada e sen fianza, aos tres varóns mentres que a muller, de 19 anos, quedou en liberdade coa obriga de presentarse ás comparecencias no xulgado. Mentres continúa a investigación, organizacións LGTBQI+ manteñen a súa convocatoria de manifestación en protesta polo asasinato para este domingo ás 19.30 horas.