Opinión

LGTBIfobia e choio

[Xesús M. Piñeiro]

Nove de cada 10 persoas LGTBI con traballo na Galiza consideran necesario ocultar a súa orientación. Un dato que se entende por si só mais de se necesitar outro para completalo velaí vai: seis de cada 10 persoas LGTBI viviron algunha agresión cara a elas ou outras persoas LGBTI no seu posto de traballo, desde insultos, xestos despectivos a agresións físicas.

Son dúas conclusións do estudio presentado onte polo sindicato UGT e no que analizaba a situación das persoas LGTBI no mundo laboral.

Non hai sorpresas: Ser lesbiana, gay, trans ou bisexual supón, tamén no choio, ser albo de discriminación e renunciar a dereitos laborais. E Galiza é o terceiro territorio de todo o Estado onde esa percepción de discriminación é máis alta.

Máis unha vez, a necesidade de sumar: a mellora das condicións laborais (finiquitar a precariedade, mellores salarios, acabar coa temporalidade, desterrar a sinistralidade...) alárgase á conquista duns espazos de traballo liberados de calquera expresión  de LGTBIfobia.

Tamén ese é un dereito - e unha loita- da clase traballadora, non é?

Comentarios