O BNG alerta do aumento da violencia contra o colectivo LGBT

O Bloque reclamará incluír na Lei de Igualdade  de trato e non discriminación das persoas LGBT,  un apartado específico contra todo tipo de LGBTfobia  

 

Simboloxía pola liberdade afectiva e sexual vandalizada en Oleiros.
photo_camera Simboloxía pola liberdade afectiva e sexual vandalizada en Oleiros.

A deputada do BNG, Iria Carreira alerta do incremento de violencias contra as persoas e sinais que representan o colectivo LGTB. A nacionalista incide que nos últimos meses asistimos a unha escalada de "violencias LGBTfobicas en Galiza" con agresións e vandalismo contra o mobiliario público que exhibe as cores da bandeira do Orgullo e outros sinais LGBT, a través de  pintadas LGBTfobicas.

A deputada lembra que recentemente foi asasinado Samuel, na cidade da Coruña, e as declaracións dos presuntos culpábeis indican, apunta, a existencia dun sentimento de homofobia detrás deste crime.

Carreira sinala que a Lei pola igualdade  de trato e contra a discriminación  das persoas LGBT resulta "insuficiente" por carecer de  recursos para loitar contra as actitudes de LGBtofobia e dentro da lei, engade,  mesmo continuan sen desenvolver moitos apartados destinados a respectar e garantir os dereitos das persoas LGBT.

Dende o BNG, avanza a deputada nacionalista, continuarase demandando "a aplicación desta lei" co desenvolvento dos apartados que ainda "fican pendentes" e "propoñeremos a inclusión dun apartado específico de loita contra todos os comportamentos de carácter LGBTfobicos".

Comentarios