Irmandades da Fala

Pleno no Parlamento de Galiza nunha imaxe de arquivo. (Foto: Parlamento)
POLÍTICA

Medalla do Parlamento á Xeración das Irmandades

Foron a "semente da autonomía política de Galiza", sinala o Parlamento.

Medalla do Parlamento da Galiza 2021
MEMORIA E HISTORIA

Recoñecemento parlamentar á Xeración das Irmandades

Catro fundacións que levan o nome de membros da Xeración das Irmandades que impulsaron a revista ‘Nós’ recollerán a Medalla do Parlamento da Galiza. Porén, nada di o comunicado do Parlamento sobre a represión, exilio e asasinatos que sufriu esta xeración a mans dos fascistas.

Iria Estévez (enriba á esquerda), Lucía Durán (enriba á dereita) e Raquel Martínez (segunda pola dereita). (Nós Diario)
LINGUA

Raquel Martínez e Iria Estévez, estudantes: "Hoxe hai famosos, mais non referentes tan chaves e potentes como había nas Irmandades"

No IES Johan Carballeira de Bueu, malia as condicións da pandemia, celebraron en 2020 o centenario da revista Nós. Desde o departamento de galego, que dirixe a profesora Lucía Durán, quixeron recrear nunha obra colectiva entre varios cursos  como sería a portada se se fixese hoxe en día. Dúas alumnas que participaron na experiencia, Raquel Martínez Badea (4º ESO) e Iria Estévez Juncal (1º Bacharelato) explican como se realizou e as conclusións que sacaron.
Xaime Quintanilla na súa etapa como alcalde de Ferrol
star
Escena

Cen anos de 'Alén' de Xaime Quintanilla

Neste 2021 cúmprense 100 anos da publicación de Alén, a segunda –e nunca representada– obra de teatro escrita por Xaime Quintanilla despois da estrea de Donosiña, a súa primeira incursión na literatura dramática –que xerara unha gran polémica por tratar temáticas como o divorcio e o adulterio.
 
De camiño á escavación do Monte das Motas (Lobeira). (Foto: López Cuevillas / Museo Arq. de Ourense)
star
Publicación polo centenario

A arqueoloxía en tempos da revista 'Nós'

O volume 'Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós' aproveita o centenario da revista homónima impulsada pola Xeración das Irmandades da Fala para debullar as súas achegas ao campo arqueolóxico da Galiza, coas que conseguirían, coa figura de Florentino López Cuevillas á cabeza, sistematizar a disciplina e colocar as bases de estudos posteriores. 
B. A xeración Nós. IV Asemblea Irmandades Fala
star
Reportaxes

A xeración Nós: a máis senlleira das xeracións galegas

A xeración Nós –ou mellor, a época Nós, pois supera os límites dunha xeración– foi a máis senlleira que deu Galiza, o grupo de xente máis cumprida que traballou por esta terra, este pobo e esta cultura. Se Rosalía, Curros e Pondal forman a trindade dos grandes poetas galegos, Castelao é o símbolo máis puro de Galiza, Vicente Risco, o primeiro teórico do nacionalismo galego e Otero Pedrayo, a meirande figura intelectual.
PORTADA
Nos quiosques e puntos de venda

'Nós Diario' agasalla o facsímile do primeiro número da histórica revista 'Nós'

Para celebrar os 100 anos de ‘Nós, Boletín mensual da cultura galega’, ‘Nós Diario’ agasalla as lectoras e lectores cunha reprodución daquel primeiro número da publicación impulsada pola xeración do 16. Unha revista que fixo historia.

A memoria incómoda dunha publicación

Os desaparecidos da revista 'Nós' demandan xustiza

Fican moitas achegas por facer á revista 'Nós'. Unha delas leva a percorrer as cunetas e as fosas da Galiza en busca dos seus colaboradores asasinados pola barbarie fascista. Eis unha parte da memoria incómoda do colectivo da Xeración do 16.

Esta sexta feira, 30 de outubro, cando se fan os cen anos da publicación de 'Nós. Boletín mensual da cultura', acompañará Nós Diario unha edición facsímile do primeiro número completo, coas súas 30 páxinas, e mais cun debuxo a cor de Castelao.

Elvira Varela Bao, retratada xunto ao recuncho favorito do seu fogar, a libraría.
CULTURA

Galiza di adeus a Elvira Varela Bao

Cando o 18 de xullo de 1936, Elvira Varela Bao tiña dez anos. Foron tempos duros para unha cativa que viviu a detención da súa nai, a mestra Elvira Varela Maceiras,  e  a persecución ao seu pai, o capitán da Mariña Bernardino Varela. Onte, aos 94 anos, despediuse deste mundo unha muller que dedicou a súa vida ao traballo memorialístico.
Retrato de Lois Peña Novo
Memoria

Lois Peña Novo, cen anos do "primeiro rexedor nacionalista da nosa patria"

O político foi elixido concelleiro pola Coruña o 8 de febreiro de 1920
CvYK3srXEAAViqx
O 5 de abril, ás 17 horas

O Galo organiza un roteiro pola vida e obra de Francisco Asorei

As rúas da zona vella de Compostela acollen, este vindeiro 5 de abril, un roteiro sobre o escultor Francisco Asorei.

Cen anos de nacionalismo galego

[Imaxe: SG] Militancia da Irmandade da Fala de Betanzos.
I Asemblea Nacionalista

Os cen anos da Asemblea Nacionalista de Lugo

Fanse exactamente 100 anos da Asemblea de Lugo, que significa o nacemento do nacionalismo galego en sentido estrito. A liña política definida polas afiliadas e afiliados das Irmandades da Fala representa un salto cualitativo nas reivindicacións nacionais de Galiza. Ao fin, non se trata dunha mudanza simplemente terminolóxica, senón do abrente dunha nova etapa na loita pola liberación nacional do país.

Centenario do nacionalismo galego

Asemblea de Lugo: botar liña e crear organización

 

A Galiza que puido ser

uxia
CULTURA

Unha fin de semana cargada de propostas musicais

Mais hai tamén espazo para un roteiro por volta das Irmandades da Fala en Compostela e unha nova edición da Limpeza Simultánea de Rïos promovida por Adega.

Común temos a patria

Captura de pantalla (16)
MEMORIA E HISTORIA

O Mariscal en Sevilla [por Xoán Costa]

O papel das mulleres na revolta popular de marzo de 1918