Campaña en Belfast de renomeamento "anticolonial" das súas rúas

Voluntarios e activistas renomean espazos públicos designados actualmente con nomes ligados "ao dominio británico". 
Belfasts rua irlanda

O movemento Lasair Dhearg, integrado por activistas da esquerda republicana irlandesa, mantén en marcha unha campaña de 'renomeamento' das rúas de Belfast que está a xerar debate e polémica.

Grupos de voluntarios e activistas percorren as rúas da capital de Irlanda do Norte substituíndo simbólicamente aqueles nomes de espazos na vía pública ligados "ao dominio británico" por outros identificábeis coa historia de Irlanda e a loita pola súa independencia.

"Queremos denunciar a pegada no mapa de rúas do colonialismo británico", argumentaron. Entre os novos nomes cos que se bautizaron as rúas están os dun dos líderes da revolta independentista de 1916 James Connolly, o do preso político do IRA Bobbys Sands, morto en folga de fame en 1981, ou o de Brian Ború, rei irlandés do S.IX, entre outros. 

Comentarios