Galaxia

O escritor e director da Editorial Galaxia, Francisco Castro (Foto: Judith Cendón).
CULTURA

Dimite o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro

“Coido que non ten sentido permanecer á fronte dunha empresa que decide moi conscientemente non defender en tempo e forma a súa imaxe até agora impecábel, o seu enorme prestixio e, sobre todo, a honorabilidade e dignidade do traballo das demais empregadas e empregados, publicamente cuestionadas”, indicou Castro no seu comunicado.
Detalle da capa do cómic sobre Fernández del Riego.
Letras Galegas 2023

Fernández del Riego, "o home que valía por mil", chega á banda deseñada da man de Galaxia

Pepe Carreiro e Antón Mascato son os autores desta obra.
A escritora compostelá Inma López Silva (Foto: I.L.).
star
Libros

A memoria que falta

Un libro híbrido no que se mesturan a crónica xornalística, o álbum familiar e mesmo algunhas técnicas propias da narrativa, pois adoita suceder que ás veces os ocos da memoria son tan amplos que é necesario enchelos dende a ficción. 
Filippo Prosperi. Embarque de tropas para Cuba, 1886. (Arquivo Vítor Vaqueiro)
CULTURA

Pioneiros da fotografía esquecidos

Os seus nomes apenas son coñecidos e da súa obra apenas sobrevivíu unha pequena mostra, mais Filippo Prosperi e Cándida Otero foron nomes ilustres da fotografía na Galiza no último terzo do século XIX. Vítor Vaqueiro recupera a súa historia no seu libro Facedores de imaxes (Galaxia). 
A escritora Inma López Silva co seu novo libro (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Inma López Silva: "Franco morreu na cama e no Goberno galego tivemos moitos anos un ministro franquista"

Inma López Silva, escritora, recolle no seu último libro, 'Quen non ten un avó fascista'? (Galaxia), a historia política da Galiza da segunda metade do século XX a través dun relato entre a memoria familiar e a ficción. Así, López Silva aborda os segredos familiares, os silencios e os mecanismos de supervivencia xa que, como ela di, “o medo realmente marcou as vidas da maior parte da xente, as historias de retagarda son así”.
Lorenzo, economista, antropólogo e xestor cultural abre a colección Heterodoxos de Galaxia (Foto: Marcos Lorenzo).
CULTURA

Marcos Lorenzo escribe contra os excesos da teoría

Marcos Lorenzo vén de pubicar Enser na nova colección de Galaxia Heterodoxos. Trátase dunha mestura de crónica vital e ensaio, en forma de escrita aforística, e que parte dun momento de penuria económica e vital despois da crise que o obrigou a "concentrar todas as enerxías na subsistencia, o que á vez implicou un estreitamento das opcións vitais e un feche de horizontes", segundo declara no preámbulo do libro. 
 
Victorino Perez Prieto (Foto: Eduardo Castro Ba)
star
Libros

Alén do material e do racional

Talvez hai no libro cuestións de demasiada altura académica para os coñecementos que podemos ter a maioría de nós, mais en xeral a lectura do libro resulta amena, cunha prosa ensaística que nos abre de par en par as portas a outra dimensión do saber e que procura axudarnos a ser persoas plenamente conscientes dos desafíos actuais.
maria do cebreiro
star
Libros

As maternidades desde o feminismo

Unha boa proposta para seguir tirando do fío do feminismo que analiza diversas perspectivas co fin de camiñar cara un mundo máis xusto, mais tamén é un dos mellores exemplos do que debería ser o ensaio: unha proposta que nos formulara preguntas e nos incitara ás resposta
Xavier Queipo (Foto: Cé Tomé).
star
Libros

Deterse sobre a vida

Aínda que o autor foxe da fórmula diarística, o que atopamos aquí son reflexións persoais, algunhas delas moi próximas ao xénero da columna de opinión, pois xérase debate arredor de temas de interese sobre o devir da comunicación e das relacións sociais.
Xavier Queipo.
star
Entrevistas

Xavier Queipo. "O relato curto ten unha relevancia que a crítica xornalística non lle recoñece"

Xavier Queipo (Santiago, 1957) vén de inaugurar unha nova etapa na súa vida. Acabado de xubilar do seu traballo en Bruxelas -aínda que mantén certa actividade profesional- vén de regresar a Vigo e de publicar dous libros, Final feliz (Xerais) e Algoritmos (Galaxia), moi diferentes no seu contido pero moi parecidos na mirada que os guía: unha mestura do científico e do home de letras que lle outorgan un aire humanista pouco frecuente nas letras galegas. Conversamos con el sobre estes dous libros cos que abre esta nova etapa. 
 
Ernesto_Is por Mark ZlickB
star
Libros: 'Despois das ondas', de Ernesto Is

A sombra de María Casares

Como ben recolle o prólogo de Inma López Silva á obra, moito do coñecemento sobre María Casares chega a nós nas últimas dúas décadas, a través das traducións das súas memorias, pero tamén coa recente publicación da súa apaixonada correspondencia con Albert Camus.