Fisterra

Parada de autobuses en Fisterra. (Foto: Nós Diario)
Mobilidade

As "eternas eivas" do transporte público na Costa da Morte: até tres horas de Fisterra a Santiago

Ante a ausencia de ferrocarrís ou un servizo por mar, coller un autobús é a única opción de transporte público que ten a veciñanza da Costa da Morte para desprazarse entre os poboacións da zona, ou até A Coruña e Santiago de Compostela. Porén, soportan unha serie de deficiencias que as empresas concesionarias, Monbus e Arriva, non foron capaces de solucionar nas últimas décadas. O colectivo de estudantes é un dos principais afectados, e xa houbo mobilizacións das nais e pais do alumnado.
Marisco incautado. (Foto: Europa Press)
Agora

Incautados máis de 40 kg de ameixa e 120 kg de centola na comarca de Fisterra

Axentes da patrulla do Seprona de Corcubión levaron a cabo un operativo especial de prevención do furtivismo que resultou na incautación de 40,7 quilogramos de ameixa na praia de Langosteira, e doutros 120 kg centola no porto de Fisterra. A atención dos axentes centrouse en dous individuos que se achegaron á auga, un deles equipado con traxe de neopreno e equipo autónomo de mergullador. Mentres este realizaba a extracción, a outra persoa, identificada como a súa esposa, patrullaba a zona para asegurar a ausencia de vixilancia. O Seprona abordou as dúas persoas cando o mergullador se dispuña a saír. Ao notar a presenza dos axentes, o home tentou regresar á auga, sendo interceptado por un dos axentes.
terra fisterra michelib
Agora

Terra, de Fisterra, achega unha nova estrela Michelin á Galiza, que suma 19 en 17 restaurantes

A Guía Michelin 2024 recoñeceu 31 restaurantes do Esado español con 1 Estrella Michelin. .Na Galiza estréase Brais Pichel (de Terra, en Fisterra). Terra súmase con esta nova distinción a unha listaxe no que xa son 17 os restaurantes na Galiza os que acumulan 19 estrelas, dúas deles Culler de Pau do Grove e Pepe Vieira Camiño dá Serpe de Poio con dúas estrelas cada un. Ademais de Terra, unha estrela Michelin teñen os restaurantes Maruja Limón, de Vigo; Silabario, de Vigo; Eirado da Leña, de Pontevedra; Yayo Daporta, de Cambados; Casa Solla, de Poio; Árbore da Veira, da Coruña; As Garzas, de Malpica; Retiro da Costiña, de Santa Comba; A Tafona, de Santiago de Compostela; Casa Marcelo, de Santiago de Compostela; O Pazo, de Padrón; Restaurante Miguel Ángel González, de Pereiro de Aguiar; e Nova e Ceibe, de Ourense.

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
SOCIAL

Trasladadas dúas persoas con síntomas de intoxicación tras un incendio nun garaxe en Fisterra

Aliás, unha muller foi rescatada tras envorcar o seu turismo na estrada N-550 á altura do Porriño.
Ana Miranda, eurodeputada do BNG (Foto: Nós Diario).
Pesca

Ana Miranda propón en Bruxelas reforzar a seguridade marítima internacional en zonas sensíbeis como Fisterra

Na súa intervención, a eurodeputada nacionalista alertou dos problemas que supoñen as bandeiras de conveniencia en zonas sensíbeis como o corredor de Fisterra.
Faro Fisterra Dixital
Máis

O faro que alumea Fisterra

A tradición sitúa o edifico nos confíns da terra
De esquerda a dereita Iago J. H., Vituco Neira, Xaco Barona, David Barbas, Xulia F. Neira e Xan Pericán. / Pixelinphoto
Máis

A Festa Folk aluma Fisterra

A cita combina a mellor música e gastronomía
Habitantes de cada concello (datos do IGE de xaneiro).
28-M

Bergantiños, Fisterra e Soneira: o corazón da Costa da Morte

O corazón da Costa da Morte está formado polas comarcas de Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira. Con distinta sorte, segundo sexan da costa ou do interior, os 15 municipios que integran esta área dividen a súa actividade entre o sector mar-industria e a agricultura (en horas baixas na zona), pero fundamentalmente o comercio e o sector servizos están a ser importantes motores económicos nunhas comarcas que miran cara ao turismo como fonte de futuro. O Parador de Muxía, prometido no Plan Galiza do PP logo do 'Prestige', está funcionando 20 anos despois do prometido. Na comarca de Fisterra, con Muxía como zona cero do 'Prestige', levan perdido en 20 anos 20% da poboación.
A lancha varada na praia de Nemiña. (Foto: CRTVG)
SOCIAL

Investigan o achado dunha nova planadora en Muxía semellante ás 'narcolanchas' que apareceran en Ribeira

A embarcación sería empregada para descargar estupefacientes en terra e logo quedaría abandonada á deriva.
A estrada AC-552 ao seu paso por Dumbría. (Foto: Google)
SOCIAL

Falece un condutor nun accidente de tráfico en Dumbría

Sucedeu esta madrugada no quilómetro 81 da AC-552.
Oficinas do Rexistro da Propiedade de Corcubión. (Foto: Google Maps)
SOCIAL

Atopan dúas granadas de man no Rexistro da Propiedade de Corcubión

Aínda se descoñece se estaban cargadas e activadas, mais todo apunta, en calquera caso, a que eran armas reais.
José Ramón L.F., ex interventor de Fisterra, nunha foto de arquivo.
SOCIAL

O Tribunal Supremo confirma a pena de prisión ao ex interventor de Fisterra

O acusado subtraeu máis de 25.000 euros das arcas públicas.
O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño. (Foto: PSdeG)
POLÍTICA

José Manuel Pequeño non repetirá como candidato á Alcaldía de Dumbría após catro décadas no cargo

"É o momento de parar, hai que saber cando dar o paso", apunta o rexedor, que salienta que hai "outra vida" alén da política.
A cantante Guadi Galego fará parte deste festival.
Axenda

Fisterra Blues Experience: programación e artistas

O Fisterra Blues Experience contará coa participación de Guadi Galego, Adrián Costa Blues Band; entre outros
Guadi Galego é unha das voces que se poderán escoitar neste VI Fisterra Blues Festival (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Fisterra renova a súa aposta polo blues

O Fisterra Blues Experience, un dos poucos festivais galegos que non se deixou de organizar pola pandemia, ábrese a novos estilos e continúa a ser un referente para a promoción da Costa da Morte. Onte presentou o seu cartel para este evento que contará, entre o 10 e o 12 de xuño, con artistas nacionais e internacionais.
Praia e porto de Sardiñeiro.
star
Andar e Ver

Costa interior de Fisterra. De Sardiñeiro ao cabo Fisterra

A costa interior de Fisterra ofrece augas calmas, abrigadas; longos tramos de difícil acceso e espazos ocupados polas poboacións. 
Praia do Rostro. Un areal de 2 km cun extenso cordón de dunas fixadas por unha das vexetacións psamófilas mellor conservadas da Galiza.
star
Andar e Ver

Fisterra costa exterior. Desde a praia do Rostro ao cabo Fisterra

Un percorrido de enorme interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico polo litoral de Fisterra que mira ao océano e forma parte da Costa da Morte, protexida como LIC e ZEPA. 

Cabo Fisterra, no extremo sur dunha península co punto máis alto no Monte Facho.
star
Andar e Ver

Litoral de Fisterra, entre a calma da ría e a Costa da Morte

Un roteiro pola costa de Fisterra rico en valores naturais e culturais  e en vestixios históricos e arqueolóxicos.
O museo de Campo Lameiro emerxe da terra como unha gran rocha artificial.  / Tono Mejuto
star
Arquitectura

RVR: Paisaxe e memoria

A produción deste estudio de arquitectura de apelidos RVR xira ao redor dos conceptos de paisaxe e memoria. Territorio e tempo son as súas ferramentas de traballo cotiá. Chegan a asegurar que non fan obras novas. Din que nada é completamente novo, todo parte dun lugar ou dunha historia á que pode dar continuidade. 
illa pancha
Caderno de Verán

O pracer de durmir no faro

Os responsábeis dos hoteis dos faros ou do seu contorno promocionan unha experiencia única, mais non é preciso porque a situación dos inmóbeis véndese por si mesma. Rumoréase que aos tres estabelecementos abertos, pronto se sumarán dous.