Pesca

Ana Miranda propón en Bruxelas reforzar a seguridade marítima internacional en zonas sensíbeis como Fisterra

Na súa intervención, a eurodeputada nacionalista alertou dos problemas que supoñen as bandeiras de conveniencia en zonas sensíbeis como o corredor de Fisterra.
Ana Miranda, eurodeputada do BNG (Foto: Nós Diario).
photo_camera Ana Miranda, eurodeputada do BNG (Foto: Nós Diario).

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, propuxo na Eurocámara, no marco da Comisión de Pesca decorrida esta segunda feira, o reforzo da seguridade marítima internacional.

Na súa intervención, a eurodeputada nacionalista alertou dos problemas que supoñen as bandeiras de conveniencia en zonas sensíbeis como o corredor de Fisterra.

Así o expuxo como relatora dun proxecto de opinión da Comisión de Pesca para a Comisión de Transportes sobre a directiva do Parlamento Europeo e do Consello pola que se modifica a directiva sobre o cumprimento das obrigas do Estado de abandeiramento.

Revisión das normas

Lembra que, por mor da catástrofe ambiental do Prestige -ocorrida en novembro de 2002-, a Comisión Europea tivo que desenvolver un paquete de seguridade marítima en 2009 e agora trátase a revisión desas normas.

E é que a nacionalista advirte de que os pavillóns de conveniencia de buques, como era o Prestige, causan problemas importantes en materia de seguridade, condicións de traballo e rastrexabilidade de produtos pesqueiros.

Comentarios