emerxencias

Labores de rescate do home caído ao mar. (Foto: Concello de Sanxenxo)
SOCIAL

Falece un veciño de Sanxenxo de 44 anos tras caer ao mar co seu vehículo

A propia vítima deu aviso ao 112 e alertou de que non sabía nadar.
Ascensor HALO de Vigo. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Achan o cadáver dun home nas inmediacións do ascensor Halo de Vigo

Polo de agora descoñécense as causas do falecemento.
Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
SOCIAL

Localizan nunha zona pantanosa o corpo sen vida do octoxenario desaparecido en Ponteceso

O home saíu da casa na tarde desta quinta feira e non regresou, polo que se activou un operativo de busca.
Polígono industrial de Rábade. (Foto: Google)
SOCIAL

Detido un home como presunto autor da morte do home atopado en descomposición nun sumidoiro en Rábade

Todas as hipóteses están abertas a respecto tanto da identidade do falecido como das circunstancias da morte.
Rúa de Brión, en Santiago. (Foto: Google)
SOCIAL

Atopan un home morto no portal dun edificio do barrio santiagués de Pontepedriña

O home non presentaba signos de violencia.
Equipos de emerxencias traballando en novembro na parroquia de Palmeira, en Ribeira (O Barbanza). (Foto: GAEM Ribeira)
star
SOCIAL

Xunta, Concellos e Deputacións: así se coordina o financiamento de protección civil

O Concello de Soutomaior (comarca de Vigo) vén de disolver a súa Agrupación de Voluntarias de Protección Civil nunha agrupación supramunicipal. Se son persoas voluntarias, como afecta o mantemento dos servizos de protección civil aos orzamentos dos Concellos?
Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Nove feridos, dous deles menores, nun accidente con catro coches implicados en Vigo

Os nove implicados sufriron feridas de carácter leve.
Dúas persoas en cadeiras de rodas (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Falece un home en Mos tras precipitarse por un terraplén coa súa cadeira de rodas

Os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mos rescataron á persoa, que foi atendida polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061. Porén, malia os intentos, nada puideron facer por salvarlle a vida.
Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
SOCIAL

Morren unha nai e unha filla nun accidente na vía rápida en Cambados

Efectivos dos servizos de Emerxencias de toda a comarca do Salnés traballan nun grave accidente rexistrado na mañá deste sábado na vía rápida, xusto á altura da saída de Corvillón, no municipio de Cambados. Trátase dun sinistro no que se viron implicados un turismo e un camión cisterna que trasladaba mercadorías perigosas. Segundo fontes dos servizos de emerxencias hai dúas falecidas, unha nai e unha filla que viaxaban no coche. O accidente obrigou a cortar a estrada.
Chuac.
Agora

Trasladan unha persoa ao hospital por inhalación de fume na Coruña

Unha persoa foi trasladada ao hospital por inhalación de fume na Coruña, segundo informou o 112 a primeira hora desta quinta feira. A propia implicada contactou coa central de emerxencias dez minutos antes da medianoite e explicou que estivera queimando carbón nunha das estancias da súa vivenda, o que lle provocou mareos. Desde o 112 solicitouse a colaboración de profesionais sanitarios do 061 e da Policía Local da Coruña. Finalmente, o persoal médico encargouse de evacuar esta persoa ao centro médico de referencia para ser atendida.
ciclista ciclismo (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Morre un ciclista atropelado por unha ambulancia en Santa Comba

O vehículo sanitario estaba en servizo e  levaba unha persoa.
O río Lérez ao seu paso por Pontevedra. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

O corpo achado no río Lérez, en Pontevedra, pertence ao veciño de Cuntis desaparecido a semana pasada

José Campos Loureiro fora visto por última vez na contorna do Hospital Domínguez, onde o trasladaran despois de sufrir un accidente. Porén, non chegou a ingresar neste centro sanitario.
A ministra de Sanidade, Mónica García (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press).
Agora

O Ministerio de Sanidade presenta o proxecto que estabelece a especialidade de Urxencias e Emerxencias

O Ministerio de Sanidade a través da titular da carteira, Mónica García, e as Comunidades reúnense esta quinta feira nun pleno presencial do Consello Interterritorial do Sistema de Saúde para presentar o proxecto de Real Decreto polo que se estabelece a especialidade de Urxencias e Emerxencias. Igualmente, someterase a aprobación o Protocolo Común do Sistema de Saúde para actuación sanitaria fronte á violencia sexual. Na reunión vaise presentar, ademais, o 'Informe sobre a Avaliación do desempeño do Sistema de Saúde español fronte á pandemia de Covid-19'.

Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Un menor precipítase desde un noveno piso na Coruña

Fontes policiais apuntan que non se trataría dun feito delituoso, mais non descartan ningunha hipótese.
Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
TRABALLO

Novo accidente laboral: falece un operario de 49 anos nas Neves ao caer dun guindastre

O persoal sanitario que acudiu ao lugar non puido facer nada por salvarlle a vida e o home faleceu no punto.
O río Arenteiro á altura de Ponte Veiga, no Carballiño. (Foto: Europa Press)
SOCIAL

Localizan nas proximidades do río Arenteiro pertenzas da muller desaparecida no Carballiño

Concepción Vázquez Sequeira, de 79 anos, foi vista por última vez na parroquia de Arcos.
As velutinas teñen predilección polas camelias, sobre todo polas de flor con estames amarelos (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Falece un home en Dumbría por picaduras de velutina

O persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do home.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
SOCIAL

Unha vertedura de xurros pon en alerta Arzúa, Melide e Santiso

A actuación dos técnicos permitiu eliminar a vertedura sen que chegase a afectar a subministración de auga da localidade.
Columna de fume no barrio compostelán de Pontepedriña, tras a estación de tren, hoxe. (Foto: Nós Diario)
VÍDEO NO INTERIOR

Incendio nun barrio de Compostela

Sobre as 14:30 unha visíbel fumareda saía da zona entre os barrios composteláns de Pontepedriña e Castiñeiriño. 
Axentes policiais recollendo mostras no lugar no que apareceu o corpo da muller. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
SOCIAL

Achan no Porriño o cadáver dunha muller con signos de violencia oculto tras un contedor

O corpo estaba oculto entre uns colectores e o muro dunha leira no polígono das Gándaras, perto das instalacións da ITV. A Policía, que non desbota ningunha hipótese, céntrase na posibilidade dun asasinato machista.