Novo accidente laboral: falece un operario de 49 anos nas Neves ao caer dun guindastre

O persoal sanitario que acudiu ao lugar non puido facer nada por salvarlle a vida e o home faleceu no punto.
Central de emerxencias do 112-Galiza. (Foto: 112).
photo_camera Emerxencia 112 Galiza (Foto: 112).

Un home de 49 anos, con iniciais J.A.E.S., faleceu esta segunda feira tras caer dun guindastre mentres traballaba na parroquia de Tortoreos, no municipio das Neves (O Condado). Segundo trasladaron fontes da central de emerxencias do 112-Galiza, sobre as 14.30 horas de hoxe un particular alertaba de que o operario caera desde o guindastre entre un muro e a máquina.

Con esta información, os operadores do 112 solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias da Galiza-061, que tras recibiren o aviso poucos minutos despois enviaron unha ambulancia asistencial de sorporte vital básico, así como persoal sanitario do centro de saúde das Neves. Os profesionais do 061 precisaron que caera dun chimpín.

Até o lugar do accidente tamén se desprazaron axentes da Garda Civil. Con todo, o persoal sanitario que acudiu ao lugar non puido facer nada por salvarlle a vida e o home faleceu no punto.

Comentarios