Eleccións estatais 9 de novembro

Procesamento ao soberanismo catalán

Homs non nega os feitos no comezo do seu xuízo no TS mais afirma que non son delito

"Asumo os feitos, mais discuto que os feitos constitúan un ilícito penal. Paréceme clarisimamente que non", afirmou no comezo do seu xuízo no Tribunal Supremo Francesc Homs. En 2014 Homs era conselleiro da Presidencia do Govern durante a consulta soberanista do 9N. Para o agora deputado no Congreso non pode ser considerado delito colaborar na realización dunha "consulta participativa".

Xuízo polo 9N/nova mobilización masiva do soberanismo

Mas, Ortega e Rigau non contestan as perguntas da fiscalía por axir "con criterios políticos"

Artur Mas, Joana Ortega e Irene Rigau -ex presidente, ex vicepresidenta e ex conselleira de Educación da Generalitat- prestaron esta segunda feira declaración no comezo do xuízo pola consulta de autodeterminación do 9N. O limiar do acto xudicial foi unha nova mobilización de masas soberanista.

Homs
INTERNACIONAL

A Fiscalía do Supremo pide 9 anos de inhabilitación para Homs pola consulta do 9N

O Ministerio público impútalle ao actual deputado do PDeC (Partit Demòcrata Europeu Català) no Congreso a comisión de presuntos delitos de prevaricación e desobediencia.

Deputación Barcelona
Països Catalans

Milleiros de persoas arroupan Mas ao berro de 'independència'

Após unha hora e media de declaración no TSJC o president en funcións da Generalitat declarouse "responsábel único" da consulta e promotor político da mesma. 

Artur Mas [Imaxe NAIZ]
O CARGO QUE ENFRENTA é UN DELITO DE DESOBEDIENCIA

O TSXC eleva a temperatura política ao imputar Mas pola consulta do 9N

Mas declarará como imputado o 15 de Outubro, que non é un día calquera, senón aquel no que se conmemora o 75 aniversario do fusilamento de Lluis Companys a mans das tropas franquistas após ser entregado ao Estado español pola Gestapo.

Irmandade TV na consulta catalá
POLÍTICA

Irmandade TV na consulta catalá

Vídeo resumo de como transcurreu a consulta catalá do 9N. Un avanzo dunha reportaxe máis ampla que Irmandade TV emitirá en breve.

Eu votei #SíSí

Normalidade. A cidadanía catalá saíu ao longo do 9N a votar con total serenidade grazas ao esforzo de todas as voluntarias que facilitaron que esta xornada fora democraticamente participativa.

SÍMBOLO INDEPENDENTISTA

Guardiola estará o 9N en Barcelona: "Xa sei a mesa onde irei votar"

Até hai quen ve nel unha hipotética figura de consenso para encabezar unha lista de país nunhas plebiscitarias. Pep Guardiola, o treinador do Bayern, viaxará a Barcelona para votar o 9N.

Eduard
EDUARD LóPEZ (ERC)

“Pase o que pasar o 9N, o discurso de PP e PSOE está derrotado en Catalunya"

O vice-secretario xeral de Coordinación interna de ERC participa esta quinta feira en Compostela no coloquio organizado por Galiza Sempre sobre o proceso soberanista de Catalunya.