Artur Mas continúa no ollo do furacán. Non só porque a CUP non o quer como presidente da Generalitat, embora continúe a ter formalmente o apoio de Junts pel Sí, senón porque esta terza feira acaba de ser imputado polo TSXC pola organización da consulta do 9N.
Non só é imputado Mas, senón tamén a conselleira de Educación; Irene Rigau, e a ex conselleira de Governación e ex vicepresidenta, Joana Ortega.
O aínda presidente da Generalitat terá de comparecer perante o tribunal o 15 de outubro, en tanto que Rigau e Ortega o farán o día 13.