INTERNACIONAL
Joe Biden, presidente electo dos Estados Unidos
07/nov./20
O candidato demócrata á Casa Branca, Joe Biden, converteuse este sábado en presidente electo dos Estados Unidos.
INTERNACIONAL
Joe Biden, a tiro de Pensilvania
06/nov./20
Mentres que Trump mantén as acusacións de fraude electoral, Biden conta as horas –e os últimos votos– para que se confirme a súa vitoria nas eleccións presidenciais nos EUA. A igualdade continúa a ser máxima, mais é a tendencia dos sufraxios por correo que fan prever o inminente triunfo demócrata. E despois, virá a batalla xudicial.
INTERNACIONAL
Líderes republicanos toman distancia coas acusacións de fraude de Trump
05/nov./20
Os EUA amenceron esta quinta feira por segundo día sen un gañador nas eleccións presidenciais, con cinco Estados aínda sen adxudicar, mais co reconto de votos avanzando dentro dos límites temporais estabelecidos polas lexislacións estatais. Trump levará este proceso aos tribunais, unha decisión que espertou críticas no seo do seu partido.
INTERNACIONAL
EUA: Biden suma opcións de ser o novo presidente a medida que avanza o reconto
05/nov./20
Trump recorre aos tribunais cunha batería de demandas xudiciais.
INTERNACIONAL
Eleccións nos Estados Unidos: O control da Casa Branca encamíñase aos tribunais
04/nov./20
A cidadanía dos EUA votou na terza feira nas presidenciais, mais o próximo inquilino da Casa Branca podería tardar en coñecerse. A igualdade mantense nos Estados que xa foran decisivos en 2016: Pensilvania, Michigan e Wisconsin. Igualdade que Trump, tal e como leva tempo ameazando, usa para cuestionar a validez do proceso.
INTERNACIONAL
A cidadanía estadounidense vota nun sistema que apuntala o bipartidismo
03/nov./20
Está previsto que os últimos colexios electorais fechen ás 5 horas da madrugada galega desta terza á cuarta feira.
INTERNACIONAL
Os dez Estados para chegar á Casa Branca
02/nov./20
O candidato do Partido Demócrata á Casa Branca, Joe Biden, lidera as enquisas nacionais e tamén as dos Estados "bisagra". Non obstante, as diferenzas son mínimas en moitos destes territorios chave, o que podería levar a un resultado moi axustado tal e como aconteceu hai catro anos na vitoria de Donald Trump.
INTERNACIONAL
Biden, en mellor posición que Clinton en 2016 para gañar as eleccións nos EUA
28/out./20
A só seis días das eleccións presidenciais nos EUA, o candidato demócrata, Biden, mantén nas enquisas a nivel nacional unha importante vantaxe sobre o republicano, Trump. E a pesar de que a igualdade en varios Estados non permite dar un gañador seguro, a tendencia é favorábel para o primeiro en comparación co que pasou hai catro anos.
Donald Trump e Joe Biden enfróntanse hoxe no seu último debate electoral
A campaña estadounidense entra na recta final
21/out./20
A campaña electoral dos Estados Unidos entra nas súas semanas decisivas co desenvolvemento do terceiro e último debate entre o candidato republicano, Donald Trump, e o contendente demócrata, Joe Biden.
INTERNACIONAL
O segundo debate Trump-Biden, en liña
08/out./20
Mike Pence e Kamala Harris baixan o ton no único entre candidatos á Vicepresidencia. O presidente estadounidense dixo que non participará no cara a cara telemático.
INTERNACIONAL
Biden mantén polo momento o liderado nas enquisas malia o positivo de Trump
06/out./20
Unha ampla maioría das persoas consultadas censura a "irresponsabilidade" do presidente durante estes días en que lle foi diagnosticado o contaxio por coronavirus.
INTERNACIONAL
Confusión sobre o estado de saúde de Donald Trump
04/out./20
O presidente dos Estados Unidos asegurou nun vídeo publicado na súa conta de Twitter que se atopa "moito mellor" e que volverá pronto á campaña, despois de que fontes da Casa Branca indicasen que a saúde de Trump era "moi preocupante".
INTERNACIONAL
Donald Trump, hospitalizado após dar positivo por coronavirus
03/out./20
O presidente dos Estados Unidos ingresou no hospital militar de Walter Reed por consello dos seus médicos despois de sufrir unha "febre lixeira".
INTERNACIONAL
Chiscadela de Trump ao supremacismo branco no primeiro dos debates electorais
30/set./20
Foi un debate "caótico", segundo a maioría das análises, onde Biden se contaxiou do estilo dun Trump que implicitamente apoiou os grupos de extrema dereita e explicitamente dixo que se está a cometer unha "fraude" co voto por correo. A elección do presidente dos EUA podería estenderse máis alá do 3 de novembro.
INTERNACIONAL
Trump pagou tan só 750 dólares en impostos da renda en 2016 e estivo sen facelo durante unha década
28/set./20
O magnate e actual presidente de EUA logrou estar exento de pagar máis impostos debido a que declarou máis perdas que ingresos durante a entrada do novo século.