CUP

Nervios electorais

Gabriel Rufián no Congreso (arquivo).
Catalunya

O soberanismo catalán procura a unidade de acción na investidura

As formacións independentistas catalás queren partillar e debater as posicións que manterán na sesión de investidura de Pedro Sánchez. Rufián xa demandou a JxCat unha xuntanza para acordar unha «unidade de acción» de cara ás negociacións. Coa CUP xa teñen reunión prevista.

ERC e PDeCat mantéñense non ‘non’ a Sánchez mais apelan ao diálogo
Catalunya

Esquerra e PDeCat manteñen o ‘non’ a Sánchez mais apelan ao diálogo

O soberanismo catalán ve Pedro Sánchez instalado na vía represiva e de producirse hoxe a investidura votarían en contra. Porén, Esquerra e PDeCat valoran o encontro que Torra e Sánchez mantiveron hai case un ano en Pedralbes como bo punto de partida para dialogar de cara á investidura. A CUP chama os partidos soberanistas a votaren ‘non’.

Albert Botran, deputado da CUP (Marta Fernández / EP)
Valoracións do preacordo

A CUP chama a non caer no «erro» de apoiar o pacto

A formación independentista advirte que co apoio a PSOE e Unidas Podemos repetirase o esquema da transición, xa que se pedirá desmobilización ao independentismo axitando a «pantasma de Vox».

Quin Torra. JxCAT. 10N. Catalunya
POLÍTICA

Esquerra paga o desgaste, aínda que o bloque independentista medra en Catalunya

Esquerra baixa, JxCat, albo dos principais ataques, sobe e entran as CUP con máis de 200.000 votos e dous escanos. Os bloques case non se moven, pero dentro de cada un cambia a correlación de forzas. Dous anos despois do 1-O, o independentismo segue forte na rúa e nas urnas.
Quim Torra
A CUP deslixitima o PSC

O Parlament solicita a Torra unha cuestión de confianza ou eleccións

A moción presentada polo PSC aprobouse cos votos da oposición, agás a CUP, que non participou por considerar o texto unha "tomadura de pelo".

DxBS_BxWwAAkjyY
INTERNACIONAL

A policía española detén dous alcaldes da CUP

O avogado afirma que policías non lle deixaron acceder a comisaría de Girona, onde están os dous rexedores detidos, “até que fale castelán”. O operativo policial  levou á detención dun total de 11 persoas.

Otegi
INTERNACIONAL

Otegi pide unha grande alianza nas eleccións xerais que vaia desde o PNV até a CUP

O diagnóstico do líder abertzale é que a situación é excepcional e que o combate contra o "autoritarismo" da tríade dereitista —PP, Cs e Vox— exixe de grandes converxencias políticas. Otegi critica o PSOE polo seu "racanarismo político".

Mireia Boya, ex deputada da CUP, na libraría Couceiro
Mireia Boya, membro do Secretariado da CUP

“Centrarnos na loita contra a represión no canto de construír República é unha vitoria do Estado”

Ex deputada da CUP e membro do Secretariado da organización independentista, Mireia Boya estivo esta cuarta feira pasada en Galiza da man de Mar de Lumes para explicar e debater sobre o proceso aberto en Catalunya. Non agardaba moito da moción de censura (“Pedro Sánchez, como Raxoi, tamén é artigo 155”) e considera que o ‘procés’ debe recuperar e intensificar o motor popular.

Mireia Boya, da CUP, e Óscar Valadares, de Mar de Lumes, nun encontro cos medios na libraría Couceiro, en Santiago de Compostela
Moción de censura

A CUP considera que Pedro Sánchez “tamén é 155”

Mireia Boya, que fai parte do Secretariado da CUP, móstrase en Compostela, onde participou nun acto de Mar de Lumes, “crítica cos sis acríticos” que ERC e PDEcaT darían ao PSOE na moción de censura.

A CUP equivócase

cup
INTERNACIONAL

A abstención da CUP impide que Turull se apresente ante Llarena como president da Generalitat

Non haberá comparecencia esta sexta feira do president da Generalitat perante o xuíz Llarena. Jordi Turull non disporá hoxe dos votos precisos para saír eleito titular do Govern catalá. A súa candidatura non conseguiu o apoio da CUP. Turull aparecerá perante o maxistrado do Supremo como un parlamentar máis. Llarena podería mesmo envialo a prisión.

Puigdemont en Bélxica
INTERNACIONAL

JXCat ofrece á CUP unha cuestión de confianza no ecuador do mandato para facilitar a investidura

Novo momento en Catalunya para tratar de desbloquear a investidura. Desta vez, Junts per Catalunya ofrécelle á CUP unha cuestión de confianza no medio da lexislatura a cambio do seu apoio para investir president da Generalitat.

JS
INTERNACIONAL

Sànchez irá á investidura o 12M sen ter aínda o apoio da CUP e pendente do xuíz Llarena

A candidatura de Jordi Sànchez está entalada entre dous lumes, o do Tribunal Supremo e o da CUP. Para prosperar tería primeiro de superar o hipotético veto do xuíz Llarena e despois conseguir que a formación anticapitalista reconsidere a súa oposición inicial a dar o aval ao ex presidente da ACN.

Jordi Sánchez, presidente da ANC
INTERNACIONAL

A CUP rexeita a candidatura de Jordi Sànchez á presidencia da Generalitat

A CUP négase a apoiar a candidatura de Jordi Sànchez á presidencia da Generalitat de Catalunya. Así o decidiu este mediodía o seu consello político. Para a formación anticapitalista, Sànchez -líder da Assemblea Nacional Catalana actualmente en prisión- é unha persoa excesivamente achegada a Artur Mas.
 

Albert Botrán (CUP): "Cada vez que hai espazo para o debate, o independentismo avanza”
INTERNACIONAL

Albert Botrán (CUP): "Cada vez que hai espazo para o debate, o independentismo avanza”

Ex deputado da CUP e unha das voces referentes do independentismo catalán, Albert Botrán estivo estes días na Galiza –da man de Mar de Lumes- para explicar de primeira man que é o que está a acontecer en Catalunya

Oscar Valadares e Albert Botrán CUP Catalunya Mar de Lumes Imaxe de Laura R. Cuba
Albert Botran

"A presenza de Anna Gabriel en Suíza supón poñer un novo reto ao Estado español"

Ex deputado da CUP e unha das voces referentes do independentismo catalán, Botrán estivo estes días na Galiza –da man de Mar de Lumes- para explicar de primeira man que é o que está a acontecer en Catalunya. Fai memoria e lembra as súas recentes visitas: “catro veces en dous anos”. Botrán defende a forza social do independentismo a pesar da carta represiva xogada polo Estado e insiste nunha idea: "“Cada vez que hai espazo para o debate, o independentismo avanza”. Vídeo no interior.

Oriol Junquera e Marta Rovira (Imaxe: ERC)
INTERNACIONAL

ERC superaría JxCat e colocaríase á par de Cs se se repetiren as eleccións en Catalunya

Ese é o prognóstico do Centro D'Estudis de Opinió (CEO), o instituto demoscópico catalán. A sondaxe, realizada do 10 ao 30 de xaneiro, sinala que por vez primeira a oposición á independencia de Catalunya superaría 50 por cento das persoas inquiridas. Porén, 55 por cento son favorábeis ao procés, isto é, ao direito a decidir.

CUP catalunya
INTERNACIONAL

Detidos dous concelleiros da CUP en Reus por “incitación ao odio”

Mireia Boya, parlamentar da CUP
INTERNACIONAL

Mireia Boya di que alertaron a CUP de que se lles podía acusar dun “atentado con mortos”