A CUP rexeita a candidatura de Jordi Sànchez á presidencia da Generalitat

A CUP négase a apoiar a candidatura de Jordi Sànchez á presidencia da Generalitat de Catalunya. Así o decidiu este mediodía o seu consello político. Para a formación anticapitalista, Sànchez -líder da Assemblea Nacional Catalana actualmente en prisión- é unha persoa excesivamente achegada a Artur Mas.
 

Jordi Sánchez, presidente da ANC
photo_camera Jordi Sánchez, presidente da ANC.

A decisión da CUP -que opta pola abstención se Sànchez excede os obstáculos xudiciais e chega a someterse a votación no Parlament- enfría así o acordo acadado por Junts per Catalunya e Esquerra Republicana e que esta mañá anunciou o portavoz republicano Sergi Sabrià nunha entrevista en RAC1.

A proximidade de Sànchez e Mas disgusta aos anticapitalistas, que forzaran a retirada deste último en 2015. Daquela, Jordi Sànchez, xa cabeza visíbel da ANC, chegara a pedir desculpas por pedir o voto para, entre outras forzas soberanistas, a CUP.

Comentarios