Detidos dous concelleiros da CUP en Reus acusados de “incitación ao odio”

CUP catalunya

Os Mossos D'Esquadra detiveron esta cuarta feira dous concelleiros da CUP de Reus, Marta Llorens e Oriol Ciurana, que xa foran citados dúas veces a declarar –sen éxito aducindo que non recoñecen a xustiza española– por un presunto delito de incitación ao odio contra as forzas de seguridade españolas.

O Xulago de Instrución nº2 de Reus ordenou a detención destes dous integrantes da CUP para que comparezan no marco desta causa dado que foron citados en tempo e forma dúas veces e non compareceron. A detención é para levalos perante a autoridade xudicicial como investigados. Os dous detidos están citados para esta quinta feira ás 9 da mañá nos xulgados, polo que pode que pasen esta noite en comisaría.

Na macrocausa por “incitación ao odio” en Reus investígase, ademais de estes concelleiros da CUP, o alcalde da localidade, os portavoces de ERC e PDeCat, Ara vReus e catro bombeiros, entre outros.

Comentarios