A respecto de Catalunya, a actitude e posicionamento do PSOE de Pedro Sánchez non se diferencia do PP de Mariano Raxoi ou o Ciudadanos de Albert Rivera. Esa é a interpretación que fai a CUP e que expuxo Mireia Boya, que fai parte do seu Secretariado, e que está en Compostela para participar en dous actos (Compostela e Ferrol) organizados por Mar de Lumes. Para Boya, Pedro Sánchez “tamén é artigo 155”, polo que “sacar a Raxoi por sacalo” para investir o socialista tampouco é, entende a CUP, garantía de nada.
A exdeputada pola formación independentista tamén se mostrou crítica coa decisión de Quim Torra de renunciar a manter os consellers encarcerados (Josep Rull e Jordi Turull) e exiliados ( Lluís Puig e Toni Comín) e substituílos para ter un goberno efectivo. “É una capitulación”, sostén a cupaire, que mantén que deste xeito é o goberno español o que decide ou non quen pode facer parte do Govern. E a respecto de que se acabe o 155, en vigor desde hai sete meses, amosouse desconfiada: “O 155 cambiará de nome mais seguirá existindo”.
Mireia Boya estará esta cuarta feira en Artábria, Ferrol, ás 20:30 horas, para ofrecer a harla “Unha república sen medo” e tratar o proceso independentista catalán. Defende a aposta na “resistencia cívil e pacífica” en Catalunya, na “mobilización” para continuar no proceso de “construír a república” en chave popular.