CULTURA
Antón Escuredo
29/xuño/21 20:48
Xulia María Barros é escritora e terapeuta. Publicou, entre outras, a obra infantil Cumba Maxia da Terra, representada en xira pola compañía de monicreques Pequeñoles. Como intérprete musical, outra das súas paixóns, publicou o disco A Porta Aberta e escribiu e interpretou diferentes espectáculos poético-musicais, entre eles Noites da Galiza, que levou por diversos escenarios do país e tamén viaxou até Arxentina. Agora presenta A árbore dos vagalumes, unha emotiva historia interxeracional moi relacionada coa súa experiencia vital e co municipio onde naceu: Redondela.