mércores 20/10/21

Sanidade, lista para vacinar as crianzas menores de 12 anos

A ministra Carolina Darias asegurou que poderían asumir a campaña de inoculación fronte á Covid-19 a nenas e nenos de menos de 12 anos no momento en que o autorice a Axencia Europea do Medicamento (EMA). Ademais, após o encontro do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, comentou que varios territorios xa remataron o tratamento coa terceira dose nas residencias de maiores.
Crianzas accedendo a un colexio de Madrid o pasado mes de setembro. (Foto: Marta Fernández / Europa Press) #vacinación #colexio #covid19 #coronavirus #sanidade #vacina
Crianzas accedendo a un colexio de Madrid o pasado mes de setembro. (Foto: Marta Fernández / Europa Press)
comentarios