corrupción

Con aquela fariña fixeron esta triste empanada

Desculpen, mais a merda xa reborda

canal isabel ii
Un empresario relata como financiaba ilegalmente o PP

"Eu axudo o partido en xeral para que el me axude en xeral"

A gravación dunha conversa entre o empresario Rafael Palencia e o ex director xeral do Canal Isabel II de Madrid Ildefonso de Miguel vén de revelar os métodos cos que o Partido Popular xeraba a súa caixa B. A Cadena Ser difundiu esta mañá os fragmentos de audio en que Palencia explica como entregaba periodicamente 35.000 euros na sede da organización. Recollíannos Álvaro Lapuerta ou Luis Bárcenas.
 

Ana Pontón. Conferencia de imprensa 27 de xullo 2017
POLÍTICA

Pontón denuncia que a conexión galega da Gürtel salpica directamente Feijóo

Do testemuño emprestado esta cuarta feira por Rajoy na Audiencia Nacional a portavoz nacional do BNG tira unha conclusión clarísima: nen el nen Feijóo -pola súa valoración posterior- teñen o menor interese en esclarecer os vínculos que unen o PP coa conexión galega da Gürtel.

Cimeira Rajoy-Feijóo
Interrogatorio na Audiencia Nacional

Feijóo avala Rajoy: "Contou o que sabe"

Screen Shot 2017-07-26 at 10.09.42
Interrogatorio na Audiencia Nacional

Rajoy basea a súa estratexia en que ignora a xestión das finanzas do PP

Durante case 2 horas declarou como testemuña da Gürtel Mariano Rajoy, a primeira vez que un presidente do goberno en exercicio participa nun xuízo. A estratexia de Rajoy foi a de asegurar que ignorou e ignora como se xestionan as finanzas do Partido Popular. O presidente da sala da Audiencia Nacional considerou impertinentes un bon feixe das perguntas realizadas pola acusación, o que facilitou as cousas a Rajoy.

Parlamento da Galiza
Nova aproximación do PSdeG a BNG e En Marea

O PP tomba a petición da oposición dunha comisión de investigación dos contratos a Villar Mir

Os populares fixeron valer a súa maioría perante BNG, En Marea, e un PSdeG que finalmente se acabou sumando á petición dos dous primeiros.

Moix cadena ser
Por un caso de evasión fiscal

Demite o fiscal xefe anticorrupción

Múltiples escándalos e inxerencias inzan os seus tres meses no cargo.

Mariano Rajoy_PP
POLÍTICA

A Audiencia Nacional destroza a estratexia de Rajoy e obrígao a declarar presencialmente na Gürtel

Por vez primeira na historia do actual réxime político español un presidente do goberno en exercicio terá de declarar presencialmente nun xuízo por corrupción do seu partido. O dubidoso honor cábelle a Mariano Rajoy. El quería declarar vía videoconferencia. A Audiencia Nacional denega a súa petición: o testemuño terao que prestar na sede do tribunal.

A calidade democrática do PP

33832467924_32ae5466d1_z
A Guarda Civil ve indicios de prevaricación e suborno

A Púnica salfire agora Cristina Cifuentes

A este paso o PP madrileño vai ficar feito un solar. Despois da queda de Esperanza Aguirre e Ignacio González, chega a quenda de Cristina Cifuentes, a política que se apresentaba a si propia como rexeneradora do seu partido após abrir a denuncia que daría lugar á Operación Lezo. A UCO sinaláa agora como "partícipe nun asunto de corrupción vinculado ao Caso Púnica.

O Parlamento debe investigar o caso Villar Mir

ANAPONTON XUNTAPORTAVOCES 14.03.17 BIS
En Marea secunda a iniciativa de Pontón

PP e PSdeG cargan contra a proposta do BNG de investigar os contratos de Villar Mir coa Xunta

Especialmente virulento co BNG, o portavoz do grupo parlamentar do PSdeG, Xaquín Fernández Leicega, instou a formación nacionalista a que precise con dados as súas denuncias sobre hipotéticas prácticas corruptas nas concesións a Villar Mir. Este empresario, que tenciona o apoio de Fejóo para a Operación Ferroatlántica, está a ser investigado polo xuíz Eloy Velasco nunha trama de financiamento irregular do PP.

Carmen Santos
En alusión a Beiras

Carmen Santos afea a membros da Marea que non se centren en denunciar a corrupción

A deputada de Unidos Podemos-En Marea e secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, considera “un exercicio de irresponsabilidade” que membros do partido instrumental -en alusión a Beiras- realicen “comunicacións” que se afasten do que lle preocupa á xente, que na súa opinión é a corrupción.

O insoportábel bafo do lameiro español

aguirre granados
POLÍTICA

Esperanza Aguirre demite: “Síntome traizoada”

OHL
Aumenta a presión política sobre Feijóo

O xuíz investiga o dono de Ferroatlántica, Villar Mir, na Operación Lezo

Estreítase o cerco sobre Ferroatlántica, a empresa que tenciona o ok de Feijóo para a venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xalla e Grande, na Costa da Morte. Alén de deter Javier López Madrid, presidente do holding Ferroglobe en que se integra a compañía, o xuíz Eloy Velasco decidiu agora investigar o dono do grupo empresarial, Juan Miguel Villar Mir.

Javier-Lopez-Madrid
SOCIAL

O presidente de Ferroatlántica, en liberdade baixo fianza de 100.000 euros

A fiscalía pedía imporlle unha fianza de 1 millón de euros, cantidade que foi substancialmente reducida polo xuíz que instrúe a causa, o maxistrado da Audiencia Nacional Eloy Velasco.

O Borbón con Urdangarín e a súa filla Cristina
ANÁLISE

A xustiza, ao servizo do Goberno e dos poderosos

O 10 de abril de 2015 publicaba neste diario dixital o artigo A xustiza non é inocente, e lembraba que “o aparato xudicial forma parte da superestrutura e está ao servizo das clases dominantes”. Os últimos acontecementos –podemos falar de semana negra para a credibilidade da xustiza– confirman esta tese e estou moi identificado con Pepe Mújica, ex-presidente de Uruguai, cando dicía “Quiero saber la verdad, pero en la justicia no creo un carajo”. 

Rajoy e Javier Arenas
POLÍTICA

Ministros, ministras e a corrupción do PP (II)

Continuamos co serial do noso colaborador Manuel Monge sobre os millentos casos de corrupción que salfiren o Partido Popular, xulgado estes días como institución na Audiencia Nacional por se ter lucrado mediante o uso de prácticas de financiamento irregular.