Esperanza Aguirre demite: “Síntome traizoada”

aguirre granados

Esperanza Aguirre vén de presentar a súa demisión como portavoz do PP no Concello de Madrid e concelleira. “Teño como norma non eludir nunca a miñas responsabilidades e por iso demito”, afirmou nunha declaración perante os medios. Unha decisión que se produce após o estoupido da Operación Lezo,  que investiga a trama corrupta de Ignacio González na xestión da canle Isabel II.

No PP aumentaba a presión interna para que Esperanza Aguirre deixase os seus cargos. “Síntome enganada e traizoada por Ignacio González. Non vixiei o que debía”, "dixo a expresidenta da Comunidade de Madrid.

Comentarios