corazón

#exercicio #deporte #saúde #correr (Foto: Syda)
Saúde

A que hora é máis recomendábel practicar deporte?

Un estudo do que participaron máis de 86.000 persoas durante oito anos analiza en que momento do día resulta máis beneficiosa a actividade física, algo que pode aumentar a prevención contra doenzas cardíacas.
#infarto #corazón #saúde #miocardio (Foto: Dan Kosmayer)
Saúde

Quen ten máis risco de padecer enfermidades cardiovasculares? Estes son os factores de risco

Un estudo elaborado por persoal investigador da Universidade de Gotemburgo, en Suecia, seguiu pacientes de 21 países durante unha década para obter as súas conclusións.
Equipo médico encargado do transplante cardíaco pioneiro na infancia. (Foto: Chuac)
SOCIAL

Un menor, transplantado tras dous meses cun corazón artificial

Un menor de 14 anos vén de recibir a alta no Hospital Teresa Herrera da Coruña tras recibir con éxito un transplante cardíaco en asistencia ventricular minimamente invasiva, unha técnica probada en persoas adultas, mais inédita entre a poboación infantil.
As persoas que padeceron a Covid-19 teñen o dobre de posibilidades de contraeren unha cardiopatía (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

As persoas que padeceron a Covid-19 teñen 55% máis de posibilidades de contraer unha cardiopatía

Un estudo da Universidade de Washington conclúe que estas patoloxías son 55% máis frecuentes nas persoas que superaron o coronavirus.

O Val de Quiroga e Galiza: na saudade do corazón

Reboiras. Acción e corazón [Trailer 2]
SOCIAL

Reboiras. Acción e corazón [Trailer 2]

Segundo trailer de 'Reboiras. Acción e corazón', unha longametraxe documental dirixida por Alberte Mera, que leva á pantalla a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 29 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra revive a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón Reboiras Noia e inclúe filmacións históricas.
lugo
Galiza

Lugo sae co corazón á rúa para defender os seus dereitos sanitarios

O corazón de Lugo latexou forte coa mobilización de máis de 17.000 persoas que saíron á rúa nunha das mobilizacións máis numerosas que se lembran na cidade. Pedían un trato igualitario e digno na atención sanitaria, en especial, servizos de hemodinámica 24H, radioterapia e medicina nuclear para o HULA. 

CARBALLO3
CULTURA

O Carballo do compromiso e a fe continúa vivo no corazón de Maceda

Centos de persoas participaron en Maceda, o seu concello natal, no serán deste sábado día 27 na primeira homenaxe póstuma a Francisco Carballo, que finou en Salamanca o pasado sábado 29 de novembro en Salamanca. 

A Chaira con Cuba no corazón

Está de actualidade a nova da recomposición das relacións diplomáticas entre Cuba e os Estados Unidos que pode levar á suspensión definitiva do bloqueo que manteñen os USA á illa desde os anos 60. 

Xavier Vence, desde a cordialidade do corazón

En tempos revoltos, politicamente tan confusos e de tanto caos mental, agradécese a claridade dun libro como o que agora nos ofrece Engaiolarte Edicións da man de Xan Carballa: Temos dereito a un futuro distinto. Xavier Vence. Conversas. Para os lectores e as lectoras que amamos os libros de conversas desde aquela primeira edición d´Unha ducia de galegos, este magnífico traballo do xornalista Xan Carballa non nos ha defraudar. 

sagradocorazon
Galiza

Un meio ultra acusa a San Sadurniño de “expulsar” unha imaxe relixiosa que trasladou o propio bispado

Quen está detrás do traslado da estatua do Sagrado Corazón en San Sadurniño? Un xornal de ultradereita acusa o concello -BNG- de “expulsar” á imaxe dos xardíns do Pazo da Marquesa e aproveita para botar lume contra o que define como “laicismo trasnoitado”.

.
COMUNIDADE SERMOS

Un A Fondo desde o corazón do IES Poeta Díaz Castro

Esta quinta feira, o semanario Sermos Galiza dedica o seu A Fondo ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Será un A Fondo moi especial, un A Fondo realizado integramente polo IES Poeta Díaz Castro, con participación destacada do alumnado.

a76
POLÍTICA

Bruxelas deberá responder pola construción dunha autovía no corazón da Ribeira Sacra

O eurodeputado de Aralar, Iñaki Irazabalbeitia, preguntou a instancias do BNG polo proxecto de contrución da A-76 nun espazo natural protexido. A iniciativa recolle as demandas da Plataforma veciñal contra o proxecto. 

OPINIÓN

Ugia Pedreira, "No corazón directo da Bretaña"

Imaxe do libro.
Okapi no Courel

Premio italiano para OQO por “O corazón do xastre”

Un baleiro no lugar en que tiña que estar o corazón fai ao vello xastre abandonar o pazo e atoparse coa dureza da realidade. O libro O corazon do xastre, publicado pola editorial de Pontevedra OQO vén de ser galardoado co Premio Vittoria Samarelli na súa edición italiana.

Ollo, corazón e man

Se o mes de agosto aínda lles concede a oportunidade dunha despreocupada viaxe na procurade lecer, suxírolles que se deleiten cun agradable paseo polas beiras do Nervión, na ría bilbaína, e visiten con calma a exposición pictórica do artista británico David Hockney no museo Guggenheim, titulada Unha visión máis ampla, na que se recolle unha mostra significativa da súa obra máis recente, centrada case en exclusiva na recreación artística das paisaxes natais do leste de

Avoa: déchesme un mundo, un corazón, unha lingua

1º PANO Cae a tarde. O medo é un gato que baixa dos tellados e tropeza coas mans da miña avoa, mariñeiras e labregas. O primeiro, pola amplitude da súa palma, o segundo pola quentura e a redondez das súas xemas. Santíguase e bícame a min, que son aínda gran de centeo sen moer. Abráiase da sordidez do mundo. Fía na agulla de zurcir as teas todas.