Contas

Unhas contas ben traídas... (que pepes ghichiños)

De primeiras convén preguntar ( pois non hai que andar de trileiros, nin a dar calotes) o de que… ¿ quen non fai política…?  ( direi con todo o respecto que quen diga eu…non llo creo). E así dito iso poñámonos nun asunto de clara sensibilización para que sexa medio de transformación e niso poder facer o regreso ao sentido común ( que xa non é pouco pedir).
Consello de Contas
Eleccions2012

BNG considera que o informe do Consello de Contas demostra que Feijóo "vive na mentira permanente"

Un informe do Consello de Contas apunta que a Xunta desprazou irregularmente 411 millóns en facturas de 2010 a 2011 para rexistrar así menos déficit. O BNG pide explicacións a Núñez Feijóo, a quen acusa de "facer trampa" e o popular escúsase: "É imposíbel facer iso"
Mundo

Hollande di que en Francia cómpren 30 mil millóns para cadrar as contas de Bruxelas

O presidente francés agacha as orellas perante o Pacto de estabilidade de Merkel. Anuncia que flexibilizará o mercado laboral, revisa á baixa as previsións de crecemento e mantén a taxa do 75% para quen cobra máis dun millón ao ano
Xerente do Sergas
SOCIAL

A Xunta presenta as contas do repago farmacéutico d@s pensionistas

Galiza ten 798.755 pensionistas que desde xullo pagan un suplemento a maiores do que fixeron na súa etapa laboral para teren produtos farmacéuticos. A media de ingreso do goberno galego foi de 3,63 euros.
Santi Domínguez e Carme Adán en conferencia de prensa, pedindo responsabilidades pola redución no Hospital de Vigo.
POLÍTICA

O BNG pídelle contas á Xunta pola redución do Hospital de Vigo

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Santi Domínguez, e a deputada no Parlamento galego, Carme Adán, demandaron a comparecencia do goberno galego para que dea explicacións da “brutal redución” no novo hospital de Vigo, cifrada en 70.000 metros cadrados. 
Mundo

Veto no Congreso á comisión para investigar as contas de El-Rei

O BNG, artífice da proposta xunto con ERC e as forzas de Esquerda Plural, lamenta que, no canto de apostar pola transparencia ao redor desta institución, o PP se pronuncie a favor de ''continuar sacralizando a realeza''
Juan Carlos I
POLÍTICA

Petición oficial no Congreso para que se vixíen as contas da Casa Real

Representantes dos grupo parlamentares do BNG, Izquierda Plural, ICV e ERC presentaron unha solicitude conxunta para se adoptaren medidas de transparencia e control parlamentar da acción do Xefe de Estado, a familia real e a súa actividade económica.
Nova Galicia Banco
ECONOMÍA

A auditoría de Deloitte alerta dun ‘burato’ contábel nas contas de NGB de 1.911 millóns de euros

Os auditores apuntan a que Novagalicia Banco posúe créditos fiscais (que as entidades xeran cando incorren en perdas) que serían de dubidosa recuperación
AXENDA DE RECORTES

O Goberno español rende contas en Compostela @s enviad@s de Merkel

O “European Roundtable 2012” reúne na capital da Galiza a altos cargos do goberno alemán e español para falar da “axenda de reformas”
LUSOFONÍA

Portugal acorda com acusação espanhola sobre o "uso abusivo" da sanidade galega

O governo espanhol diz que a utilização “indevida” do cartão de saúde europeu custa “milhons de euros” à sanidade espanhola e emprega o “turismo sanitário” para fazer propaganda duns serviços ao que está a submeter aos cortes mais graves da sua história