AXENDA DE RECORTES

O Goberno español rende contas en Compostela @s enviad@s de Merkel

O “European Roundtable 2012” reúne na capital da Galiza a altos cargos do goberno alemán e español para falar da “axenda de reformas”
De Guindos ante a UE
photo_camera De Guindos ante a UE

Un seminario organizado pola Fundación Konrad Adenauer que estes días se celebra en Compostela reúne a altos cargos do goberno español e xermano, así como representantes da dereita de diversos países europeos, para abordaren a “axenda de reformas” que se está a aplicar. Un seminario que se está a desenvolver nuns terreos privados ás aforas de Compostela e en que os relatorios e intervencións non son abertos non xa ao público, senón nin sequera á prensa. Unha metáfora de como se deciden e aplican políticas por parte de certos gobernos

Neste marco, en que o goberno galego e Núñez Feijóo xogan un papel menor que non chega nin ao de anfitrións, a delegación española, encabezada por Soraya Sáenz de Santamaría e Luis de Guindos, explicará á delegación alemá, co ministro de Finanzas e o presidente do Parlamento xermano á fronte, as medidas que están a adoptar e adoptarán. Os executivos de ambos os dous países comparten a mesma receita neoliberal. E mesmo nestes días en que se está a filtrar que Alemaña debulla apoiar unha especie de “Plan Marshall” para reactivar a economía europea (fica por saber canto hai de movemento táctico ou de sinceridade nesa proposta), o presidente Español mantense no discurso de que “non hai alternativa” ás políticas aplicadas polo PP. De feito, e segundo as axencias, iso é o que o ministro de Economía español, De Guindos, vén de expoñer ante a delegación de Merkel en Compostela. Para o executivo, os recortes e medidas que está a levar adiante non son só as precisas senón que tamén contan co apoio da maioría da sociedade.

Comentarios