star
CULTURA
Rosalía dialoga coas distintas linguas do mundo
01/xuño/23
Hoxe comezan en Padrón as xornadas 'Rosalía en camiño. Diálogos literarios multilíngües', que reúne media ducia de autoras e autores arredor da figura e da obra de Rosalía de Castro. A internacionalización da primeira poeta do país e, por extensión, da cultura galega, está no fondo dunha iniciativa que se estende durante os tres vindeiros días por Santiago de Compostela e Lugo.