cárcere

Concentración fronte ao cárcere de Teixeiro, o pasado 8 de febreiro (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Admitida a trámite unha denuncia pola "ilegalidade" das corentenas nos cárceres galegos

"Mentres no exterior parece que volta a normalidade, nas prisións continúan este tipo de restricións abusivas", lamentan.
Concentración de familiares de persoas presas decorrida o pasado sábado fronte ao cárcere de Teixeiro (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Denuncian que dous presos independentistas están sometidos a unha "corentena ilegal" en Teixeiro

Abaixo os muros cualifica de "represalia" o illamento por mor da Covid de Miguel García Nogales e Xoán Manuel Sánchez Rodríguez, algo que, afirman, "vulnera o protocolo sanitario que o cárcere debe aplicar".
Concentración de familiares de persoas presas decorrida o pasado sábado fronte ao cárcere de Teixeiro (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Familiares de presos de Teixeiro volven mobilizarse: "Mentres denunciamos, as represalias continúan"

"Se comezaron con traslados inxustificados, continúan agora con 'avisos' en ton ameazante aos internos de como iso os vai prexudicar para permisos que xa teñen concedidos", denuncia o colectivo Abaixo os muros.
Concentración fronte ao cárcere de Teixeiro, o pasado 8 de febreiro (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Parellas dos presos do cárcere de Teixeiro reclaman retomar comunicacións presenciais e permisos de saída

O centro penitenciario de Teixeiro xa estivo presente nos medios de comunicación tras as repetidas denuncias de familiares e organismos polas torturas e maltratos "sistemáticos" no seu interior. 
Centro penitenciario da Lama (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Acusan a directora do cárcere da Lama de represaliar presos cuxas familias denunciaron "vulneración de dereitos"

Abaixo os muros afirma que as medidas impostas por mor da Covid-19 son "decisións arbitrarias que só perpetuan o maltrato e a dobre condena que todas as persoas presas están sufrindo desde que comezou a pandemia".
José Manuel Carrero Panizo, Carlos Roa, Alberto Núñez Feixoo, Emilio Lozoya, (...) e Francisco Conde nunha xuntanza na sede de Pemex en México en marzo de 2014.
(Foto: Xunta da Galiza)
Análise

A conexión mexicana de Núñez Feixoo

A causa contra Emilio Lozoya Austin non fixo máis que comezar. A petición de 39 anos de cárcere para o antigo máximo executivo da empresa pública Petróleos de México (Pemex) por ilegalidades na xestión da compañía anuncia novos procedementos xudiciais. As noticias que chegan do país azteca preocupan a Núñez Feixoo e ao seu entorno máis próximo.

 

nais_presos_kurdos_medyanews
INTERNACIONAL

Nais de presos kurdos, vexadas nunha marcha na capital turca

Pervin Buldan, líder do partido prokurdo HDP, foi categórica: nos cárceres turcos cométense crimes de lesa humanidade, con "torturas", "asasinatos disfrazados de suicidio" e "execucións de presos enfermos". Nais destes últimos peregrinaron até Ankara para exixiren xustiza, mais a súa voz foi silenciada.

Maus tempos para a lírica

sobrepoboacion_carceraria_onu
INTERNACIONAL

Récord de suicidios nas prisións italianas

México anunciaba esta semana a excarceración dos maiores de 65 anos e daqueles vítimas de torturas, co problema da sobrepoboación das prisións como principal motivación. Problema en aumento en todo o mundo. Tamén nos países máis desenvolvidos, tamén na UE: os froitos da conxestión deixan en Italia violencia, drogadición e morte.
Persoal da OMIX de Tomiña prepara o inicio da actividade de comunicación e reinserción social.
SOCIAL

De Tomiño a Cáceres: 'Palabras libres para mulleres presas' nunha carta manuscrita

A Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias vén de darlle o visto bo a un proxecto da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño que quere impulsar un intercambio epistolar entre mulleres do Baixo Miño e reclusas dun cárcere de Cáceres. Cartas manuscritas para mudar a mirada sobre a catividade.
Detalle do reverso da listaxe.
star
MEMORIA E HISTORIA

Escritos do cárcere: unha listaxe sobre demócratas executados na área coruñesa ve a luz

Unha listaxe sobre demócratas executados na área coruñesa ve a luz
 
EuropaPress_3592702_filed_01_march_2021_united_kingdom_reading_aperson_reaches_to_mural
INTERNACIONAL

Illamento forzado nos cárceres, a tortura legalizada e institucionalizada no mundo

O caso de Assange é o máis significativo. Enclaustrado, encerrado, illado durante anos, na actualidade a súa situación mental é crítica e apenas recoñece os fillos. Mais non é o único: miles de persoas están a día de hoxe no que as organizacións polos dereitos humanos chaman "cárcere dentro do cárcere". 

A violencia nunca é o camiño

Liñares nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O ex presidente da Confederación Miño-Sil podería ir a prisión por "prevaricación e suborno"

A Fiscalía acúsao de estabelecer unha trama de contratacións irregulares cando dirixía este organismo. Pide para el unha pena de cinco anos de prisión. O xuízo decorrerá en Lugo a semana próxima.
Marilar Aleixandre. (Foto: Xosé Castro)
Entrevista

Marilar Aleixandre: "Aínda en 2021 hai persoas ás que lles resulta imposíbel pronunciar a palabra homosexual"

Marilar Aleixandre recollía a terza feira o Premio Blanco Amor pola súa novela 'As malas mulleres'. A autora repasa con 'Nós Diario', xornal co que colabora, as chaves desta obra "contra a desmemoria" que se centra nas presas no cárcere da Galera (A Coruña), mesturando personaxes de ficción con figuras históricas como Concepción Arenal e Juana de Vega.
Centro Penitenciario de Teixeiro.
SOCIAL

A CIG reclama á Xunta probas diagnósticas da COVID-19 nos cárceres da Galiza

Perante o anuncio da Xunta do gasto de 100.000 tests nunha estatística sobre a incidencia do coronavirus na Galiza, a CIG remtiu esta segunda feira unha carta dirixida ao conselleiro de Sanidade na que reclama "que dea as correspondentes ordes" para a realizacións de tests diagnósticos de coronavirus nos centros penitenciarios galegos. Segundo denuncia, só se están facendo probas a persos internas ou traballadoras no caso de aparecer síntomas. 

 

Sito Miñanco na Audiencia de Pontevedra (José Fernández/EP).
Social

Denegan a liberdade provisional a Sito Miñanco ao considerar que existe risco de fuga

A Audiencia Nacional denega a liberdade provisoria ao narcotraficante galego José Ramón Prado Bugallo, alias Sito Miñanco, ao considerar que prevalece o risco de fuga a pesar do estado de alarma. 
Sito Miñanco na Audiencia de Pontevedra (José Fernández/EP).
Social

Sito Miñanco pide saír de prisión por pertencer a grupos de risco da COVID-19

O narcotraficante José Ramón Prado Bugallo, alias Sito Miñanco, que permanece en prisión preventiva desde 2018, cre que nin o xulgado nin Institucións Penitenciarias poden garantir "o seu dereito á vida e integridade física".
Centro Penitenciario de Teixeiro.
SOCIAL

Esculca reclama a liberdade de presas de perfil de baixo risco ou por razóns humanitarias durante a crise da COVID-19

Exixen que se revise a posta en liberdade de reclusas vulnerábeis por "motivos humanitarios" e que se garanta a comunicación das presas coas súas familiares. Interior informou hoxe do reparto de 40.000 máscaras nos penais de todo o Estado.
Natalia Torres é avogada e profesora de Dereito penal na Universidade de Vigo (Imaxe: Nós Diario).
SOCIAL

Natalia Torres: "Da deshumanización dos cárceres non pode conseguirse a reinserción"

En contraposición ás demandas dun Código Penal con penas máis duras, o feminismo antipunitivista trata de artellar un sistema de xustiza máis humano. Natalia Torres, avogada e docente de dereito penal na Universidade de Vigo, debullará as súas teses nunha charla mañá no CS Cova dos Ratos de Vigo.