Benito Vicetto

benito vicetto foto casal
CULTURA

Benito Vicetto, un autor literario rodeado dun sospeitoso silencio

Unha palestra en Ferrol debate sobre a obra literaria de Vicetto.
Henrique Alvarellos cos exemplares da 'Historia de Galicia' de Vicetto. (Foto: Nós Diario)
CONTRACULTURA

Henrique Alvarellos: "Os libros que saían do prelo de Alvarellos Editora tiñan vocación de alcanzar amplos públicos"

O editor Henrique Alvarellos afonda na obra de Benito Vicetto
Guillermo Llorca e Xermán Castro, esta terza feira, en Ferrol. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A faceta máis xornalística de Benito Vicetto, a análise en Ferrol

Llorca e Castro valoraron o labor do historiador na prensa escrita da época
Xosé Fandiño, Esperanza Piñeiro e Juan Renales, esta terza feira en Ferrol. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Unha mesa redonda en Ferrol repasa a traxectoria biográfica de Benito Vicetto

Renales desvela un "reverso escuro", un Vicetto que se adiviña nas súas obras e que é un personaxe cínico, triunfador, rico e cunha gran capacidade de sedución. "Ambos personaxes constitúen a cara e a cruz do mesmo Vicetto", explica.
Benito Vicetto. (Ilustración: S. G.)
star
Reportaxes

Vicetto: bicentenario do pioneiro da Historia de Galicia

Ao observar a importancia galaica na Idade Media, acostumamos pensar que a doma e castración foi a fin da vida autónoma que tiña o noso país. Cómpre, porén, referírmonos a uns omnipresentes e necesarios matices. Botemos unha ollada ao que nos ten que dicir Benito Vicetto nas páxinas dedicadas á historia moderna e contemporánea, período que abrangue desde a instauración da Real Audiencia até a morte de Fernando VII (1480-1833).
Detalles do 'Sermos Galiza' que sae á venda esta sexta feira.
CULTURA

A danza de Fran Sieira, o 'Castelao artista' da man de Anxo Rabuñal e Benito Vicetto protagonizan o ‘Sermos Galiza’

Podes atopar o semanario 'Sermos Galiza' esta sexta feira, 28 de marzo, acompañando o xornal 'Nós Diario'. 64 páxinas por só 3,20 euros!
Gravado de Vicetto tirado da revista 'La Ilustración Gallega y Asturiana', dun número de 1878 editado coincidindo coa morte do historiador.
CULTURA

Benito Vicetto será nomeado fillo predilecto da cidade de Ferrol

Ferrol acordou esta segunda feira declarar a Benito Vicetto como fillo predilecto da cidade, tras reconverter unha moción presentada polo BNG nunha declaración institucional que foi aprobada por unanimidade.
O historiador Benito Vicetto (Foto: Nós Diario).
Agora

Ferrol nomeará Benito Vicetto fillo predilecto da cidade

O pleno de Ferrol acordou declarar a Benito Vicetto como fillo predilecto da cidade, tras reconverter unha moción presentada polo BNG nunha declaración institucional que foi aprobada por unanimidade, na que valoran a importante contribución na recuperación da memoria histórica de Galiza como autor da que se pode considerar primeira Historia de Galiza e que foi ademais editada na propia cidade. Con este iniciativa ponse en valor a figura de Benito Vicetto Pérez que foi un significado xornalista, historiador, dramaturgo e novelista ferrolán. Un prolífico autor que cultivou a novela, a poesía, o teatro e o ensaio ao longo dunha abundante obra de entre a que é máis que salientable a súa faceta como historiador e o seu afán por escribir a historia máis completa de Galiza.

Retrato de estudo de Benito Vicetto. (Foto: Real Academia Galega)
star
Reportaxes

Vicetto, 200 aniversario da persoa que dotou a Galicia dunha historia

No ano 1865 sae do prelo da imprenta de Taxonera o primeiro volume do corpus que o autor Benito Vicetto dedica á Historia de Galicia. Agora, no bicentenario do natalicio do escritor, resulta máis que necesaria unha revisión da obra que supere as afirmacións simplificadoras coas que se ten valorado en xeral esta obra. No presente artigo, achegámonos aos tomos dedicados á Historia Antiga e Medieval por parte do devandito autor e a visión que aporta delas.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

O ballet de Dores André, o legado de Vicetto e as 'ciberpegadas' da Galiza, no 'Sermos Galiza'

Podes atopar o semanario 'Sermos Galiza' este sábado, 16 de marzo, acompañando o xornal 'Nós Diario'. 64 páxinas por só 3,20 euros!
Presentación, o 13 de marzo, da moción do BNG.
CULTURA

O BNG propón que se nomee a Vicetto fillo predilecto de Ferrol

A moción tamén demanda, entre outras peticións, a restauración do seu busto no parque municipal.
Palestra sobre a figura de Vicetto. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Vicetto como historiador da Idade Moderna e a Contemporánea, a debate

Unha palestra cos historiadores Manuela Santalla e Rubén Labisbal Pérez debateu arredor da visión do autor sobre a historia moderna e contemporánea da Galiza
Benito Vicetto de novo segundo un retrato a pluma doado a RAG por Antonio Rey Escariz.
CULTURA

Benito Vicetto: o pioneiro esquecido da historiografía da Galiza

Hai obras que só o paso do tempo coloca no seu lugar. A de Benito Vicetto, monumental en cantidade e en ambición, adquire, vista desde hoxe, a condición de traballo seminal para a historiografía galega e para a recuperación dos sinais de identidade da Galiza.