En liberdade con cargos os oito detidos logo de declarar na Audiencia Nacional
O xuíz Eloy Velasco puxo en liberdade os oito detidos logo de declarar esta mañá na Audiencia Nacional cunha soa medida cautelar: a retirada do pasaporte.
O xuíz Eloy Velasco puxo en liberdade os oito detidos logo de declarar esta mañá na Audiencia Nacional cunha soa medida cautelar: a retirada do pasaporte.
Ordena o arquivo do expediente aberto após a súa detención nun comboio en Burgos o 6 de outubro.
O share de Salvados no noso país foi do 26,5%, face o 25,2% da media do Estado.
Audiencia Provincial emite un auto polo que, segundo o sindicato, dá á razón ao responsábel comarcal da CIG-Ferrol, López Pintos, e obriga ao xulgado a esgotar a instrución con respecto denuncia que presentou por tortura e malos tratos sufridos após a súa detención en 2012 nunha protesta no inicio da campaña electoral do PP .
[ACTUALIZADA ÁS 14:33]. Un tribunal de excepción, a AN, competetente tamén en conflitos laborais de ámbito estatal, acaba de decretar a suspensión cautelar da folga convocada polo sindicato de futbolistas para esta fin de semana.
Será xulgado na Audiencia Nacional esta cuarta e quinta feira acusado de colocar un artefacto en 2011 nun caixeiro de Vigo.
O tribunal admite a trámite o recurso presentado polo cidadán sahariano.
O tribunal entende que o pagamento con fondos públicos da defensa dun concelleiro imputado na Pokémon non vulnera o ordenamento xurídico.
A sala do Social da AN considera que a empresa naval pública vulnerou artigos do Estatuto dos Traballadores. A decisión responde á demanda presentada pola CIG e CCOO.
O maxistrado Ramón Sáez Valcárcel dubida nun voto particular da veracidade do testemuño dun ‘arrepentido’. AN condena a Heitor Naia a 11 anos por ‘colaboración con banda armada’ e ‘danos con finalidade terrorista’.
Nunha auto ditado pola Sección Primeira da Sala do Penal coida "arbitrarias" as prácticas "polo seu carácter sistemático".
O tribunal condena a penas de entre tres anos e 17 meses de cadea a 20 persoas, entre elas Joseba Permach e Floren Aoiz.
A Audiencia vén de desestimar o recurso do fiscal co que a entrada en prisión dos traballadores Carlos e Serafín depende só da resolución do indulto por parte do Consello de Ministros. A noticia coñécese despois das multitudinarias mobilizacións de apoio á liberdade sindical.
Despois de que os amigos do blog De volta para Loureda tiveran a ben publicarme unhas liñas que escribín case inmediatamente despois do xuízo da Audiencia Nacional contra Carlos Calvo Varela e Xurxo Rodríguez Olveira, houbo quen me pediu que contara algunha cousa máis, sobre todo porque no que máis cargaron as tintas os medios de comunicación foi na figura do "arrepentido" que apareceu neste xuízo.
O debate entre as forzas políticas galegas na TVG vaise pór en antena esta noite na súa segunda canle e ás 22.45 horas, no horario en que se programa normalmente Foro Aberto. Na G2 é unha banda horaria de audiencia marxinal. En abril, Foro Aberto fixo unha media de 5.000 espectadoras/es, cando a TVG-1 supera doadamente os 100 mil.
A persoa coa que o presidente da Xunta compartía iate terá que facer fronte ás acusacións de branqueo de capitais procedente do tráfico de drogas. O escrito do fiscal asegura que Dorado dedicábase aos estupefacientes dende os anos 90, que é cando compartía amizade con Feijóo.
O tribunal condénao a 7 anos de cadea por "tenza de artefactos explosivos". O ditame fíxose público un día despois da sentenza ditada polo Supremo en relación a Resistencia Galega.
O rapeiro catalán foi acusado de enaltecemento do terrorismo pola súa canción Democracia su puta madre. Segundo o tribunal "o discurso do odio non está amparado pola liberdade de expresión".
No escrito da acusación mantéñense as imputacións estabelecidas polo xuíz Eloy Velasco nun auto de decembro de 2012: integración en banda armada e tenza de explosivos con finalidade terrorista. O xulgamento está datado para os días 6 e 7 de maio.
O veto á manifestación, convocada para este sábado, vén amparado no argumento esgrimido pola fiscalía: que detrás da iniciativa cidadá Tantaz Tanta está Herrira, que ten a actividade suspendida desde outubro por orde deste tribunal español.