sábado 29/01/22

A conversa entre os referentes das forzas estatais emerxentes -Pablo Iglesias, por Podemos; Albert Rivera, por Ciudadanos- foi con moito o espazo líder do prime time na noite deste domingo 18 de Outubro.

No conxunto do Estado, fixo un share do 25,2% -por volta de 5 millóns de persoas. O grao de seguimento do espazo na Galiza foi mesmo superior ao promedio estatal, co 26,5%.

Para pormos estes dados en perspectiva, a segunda edición do telexornal da TVG e a ficción Serra Moura -tamén da canle pública galega- rexistaron shares do 11,1% e o 13,8%, respectivamente, na mesma banda horaria que o duelo dialéctico Rivera-Iglesias.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

A audiencia do duelo Rivera-Iglesias na Galiza, superior á media estatal
comentarios