Audiencia Nacional

Imaxe recente da sede estatal do PP, na rúa Xénova de Madrid. (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press / Pool / AFP7)
INTERNACIONAL

A UDEF di que o PP pagou en negro parte da reforma da sede

A declaración dos policías da Unidade de Delincuencia Fiscal e Económica que investigaron a reforma da sede do PP detallaron como a formación política estatal pagou cos cartos da caixa B parte das reformas de 6 das 7 plantas da súa sede na rúa Xénova (Madrid).

O sistema da corrupción

José Luis Suárez, presidente de Copasa; José González, presidente de Luckia; Florentino Pérez, presidente de ACS e Esther Koplowitz, de FCC. (Foto: Europa Press)
star
POLÍTICA

As empresas da contabilidade paralela do PP galego: unhas doazóns por aclarar

Grandes construtoras favorecidas con contratos públicos do Goberno galego. Empresas concesionarias de servizos cuxos negocios dependen de decisións políticas. Operadoras do sector do xogo beneficiadas por resolucións administrativas da Xunta. Estas son algunhas das compañías que ex xerente do Partido Popular na Galiza Modesto Fernández citou como doantes da formación nun informe de 2006 e que Luis Bárcenas entregou ao xuíz da Audiencia Nacional, Pablo Ruz, no marco da causa aberta contra o financiamento irregular do partido.
Carlos Núñez, o responsábel de Alu Ibérica que vén de presentar a renuncia. (Foto: Europa Press)
ECONOMÍA

O director xeral de Alu Ibérica renuncia no medio da investigación da Audiencia Nacional

Carlos Núñez Zorrilla comunicou a nova aos cadros de persoal da Coruña e Avilés a través dunha carta. A marcha decorre con pouco máis dun mes no cargo e após os rexistros ordenados pola Audiencia Nacional.
Furgón policial ás portas da factoría de Alu Ibérica na Coruña (M.Dylan / Europa Press).
ECONOMÍA

O persoal de Alu Ibérica pide á Audiencia Nacional asumir a tutela das plantas

Os traballadores das plantas de Alu Ibérica na Coruña e Avilés veñen de solicitar como medida cautelar ante a Audiencia Nacional a tutela xudicial das factorías. Á marxe da Xustiza, o persoal insiste en acordar coas administracións unha folla de ruta para garantir o futuro da compañía e a continuidade dos postos de traballo.
Axentes da Policía Nacional conversan cos representantes do comité ás portas da factoría de Alu Ibérica (M.Dylan / Europa Press)
ECONOMÍA

Axentes da unidade de delincuencia económica e fiscal rexistran as fábricas de Alu Ibérica

O operativo nas plantas da Coruña -que durou oito horas- e Avilés suma 11 rexistros e busca probas de despatrimonialización fraudulenta. A última hora desta quinta feira transcendía a detención de tres persoas nos rexistros vinculados á operación. A Xunta afirma que nun primeiro momento xa notou algo raro na venda, mais non impediu que decorrera.
hasel (Foto Jorge Linheira)
SOCIAL

Centos de persoas sumáronse desde Galiza ao rexeitamento da sentenza contra Pablo Hasel

O rapeiro ten que entrar en prisión tras a condena polas letras dalgunhas das súas cancións.

 

Imaxe de arquivo de Bárcenas xunto á Audiencia Nacional. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
INTERNACIONAL

Bárcenas: “Rajoy destruíu papeis da caixa B sen saber que tiña unha copia”

O ex tesoureiro del Partido Popular, que está na cadea, someterase a un novo xuízo na Audiencia Nacional en cinco días.
O presidente de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, coa ministra de Economía, Nadia Calviño. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

A Audiencia Nacional investiga Iberdrola por inflar de maneira ilegal o prezo da electricidade

O ex ministro José Manuel Soria acusa a enerxética de prácticas irregulares

Cinco anos

As caixas retornan ao escenario

Ugio Caamanho, intervindo na Audiencia Nacional.
SOCIAL

Remata o xuízo en Madrid contra tres militantes de Ceivar

A Fiscalía da Audiencia Nacional reclama dez anos de cárcere para cada un dos militantes da asociación antirrepresiva

A sentenza Trapero

Xuizo Audiencia Nacional Operación Jaro
SOCIAL

“O relato que escoitamos estes días na Audiencia Nacional é un pesadelo”

Cuarta xornada do xuízo en Madrid contra 12 independentistas galegos.

Un responsábel da Garda Civil declara na Audiencia Nacional no xuízo da Operación jaro
SOCIAL

“Pero cal é o ‘entramado’?”: A Audiencia Nacional á procura de enaltecedores do terrorismo

Terceira xornada do xuízo contra 12 independentistas galegos. Declaracións de peritos e membros das forzas de seguridade, tamén de testemuñas propostas pola defensa. 

 

Sen titulo
SOCIAL

“Parabéns Teto”: desexar bo aniversario a un preso como proba de “enaltecemento do terrorismo”

Segunda xornada do xuízo na Audiencia Nacional a 12 independentistas galegos, para os que a Fiscalía pide 102 anos de prisión. Unha sesión a de hoxe na que declararon peritos policiais, o ex portavoz do BNG, Xavier Vence, e o responsábel de Organización nacionalista, Bieito Lobeira.

Xuizo Audiencia Nacional Operación Jaro
SOCIAL

Catro horas nun tribunal de excepción para 12 independentistas galegos

As 12 persoas encausadas na ‘Operación Jaro’ negaron as acusacións da Fiscalía na primeira xornada de xuízo na Audiencia Nacional, que decorreu esta segunda feira.

manifestacion_jaro_18outubro_3 (2)
POLÍTICA

Manifestación nacional pola loita das "liberdades democráticas plenas"

Varios centos de persoas participaron este domingo nunha marcha de ampla pluralidade ideolóxica na capital do país en solidariedade cos 12 militantes independentistas de Causa Galiza e de Ceivar que serán xulgados a partir desta segunda feira, 19 de outubro, na Audiencia Nacional.

audiencia_nacional
POLÍTICA

Contra a "persecución política e a criminalización do independentismo"

Novos chamamentos a participar na manifestación nacional deste domingo en Compostela en apoio aos 12 independentistas encausados na Operación Jaro

Jaro