As Encrobas

Fuxan os Ventos durante unha actuación no Gran Teatro de Lugo a mediados dos anos 70. (Foto: Fuxan os Ventos).
star
Análise

Se a algún lugar non chegaron, axiña aparecerán

Gonzalo Constenla Bergueiro é profesor.
Rubén Cela durante o tributo do BNG a Moncho Valcarce na Coruña. (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Tres décadas de tributo á memoria de Moncho Valcarce na Coruña

O cura das Encrobas recibiu unha homenaxe no cemiterio de Santo Amaro.
O PP propón que as eólicas repercutan aos concellos 2,5% dos beneficios e non dos ingresos. (Foto: Antonio Ayuso).
SOCIAL

Medio Ambiente autoriza un parque eólico de Naturgy dentro da reserva da biosfera das Mariñas-Mandeo

O Goberno galego ignora as advertencias sobre o impacto, que recoñece "severo", sobre aves protexidas como a escribenta das canaveiras ou a tartaraña cincenta.
Parque eólico de Paradela, no Camiño Francés, o máis transitado (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Seis colectivos ecoloxistas alegan contra o parque eólico Meirama

Este proxecto, declarado "de utilidade pública", comparte infraestruturas co parque eólico das Encrobas. Ambos os dous promóveos Naturgy.
Imaxe de arquivo dun parque eólico (Foto: B. Bouzas).
SOCIAL

Naturgy esquiva o Miteco fragmentando dous parques eólicos en Ordes

As Encrobas e Meirama, tramitados por separado, sumarían 69,5 MW de se presentaren como un único proxecto.
Cartaz da veciñanza
SOCIAL

SOS Encrobas, a comarca de Ordes chama a alegar contra o espolio do rural

A plataforma veciñal fai un chamamento ao activismo cidadá en contra de dous proxectos enerxéticos que ameazan o futuro da comarca de Ordes: a privatización da auga do lago das Encrobas mais un parque eólico que deixaría as aldeas da parroquia de Cerceda "rodeadas de aeroxeradores de 200 metros de alto".
Central térmica de Meirama, nas Encrobas (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A veciñanza das Encrobas denuncia o "ocultismo" sobre o futuro da térmica de Meirama

Exixen "información transparente" sobre os plans da Xunta, o Concello e Naturgy para a contorna.
Reunión das veciñas das Encrobas. (Cedida)
SOCIAL

As Encrobas inicia a terceira batalla veciñal contra Naturgy

Após os conflitos pola mina de lignito de Cerceda e a súa conversión en lago tras o feche, veciñas das Encrobas anuncian mobilizacións contra os plans eólicos de Naturgy nos terreos da térmica de Meirama.

IMG-20191001-WA0009
SOCIAL

A III Marcha pola Memoria das Encrobas xunta máis de 200 persoas

A mobilización, conformada por veciñanza, axentes sociais e artistas, reclamou un futuro digno e respectuoso co medio e cos veciños e veciñas a carón da central térmica de Meirama. A xornada estivo marcada pola lembranza da loita cidadá a través do encontro e da arte, así como pola necesidade de a manter no presente contra os diferentes proxectos de espolio medioambiental vivos no país.

anos-loita-popular-encrobas-62_g
SOCIAL

Memoria viva das Encrobas

Este domingo, 29 de maio, terá lugar a III Marcha pola Memoria. Veciñanza e representantes da cultura e de colectivos sociais participan nunha xornada na que se presentará un fanzine sobre a loita das Encrobas e un libro sobre a figura de Moncho Valcarce.

108_0831
UNHA CRÓNICA

A outra loita das Encrobas

A letra e a música viñan de vello. O conflito que viviu as Encrobas non foi máis, pero tampouco menos, que outro capítulo da loita na defensa dun modelo de desenvolvemento racional e sustentábel para Galiza, na oposición ao espolio dos seus recursos económicos, nomeadamente os enerxéticos e  tamén  no apoio á dignidade das súas labregas e labregos. DOCUMENTARIO DE CARLOS VARELA NO INTERIOR.

Na defensa da Terra (Encrobas-Baldaio-Xove - anos70). Gravacións de Carlos Varela
SOCIAL

Na defensa da Terra (Encrobas-Baldaio-Xove - anos70). Gravacións de Carlos Varela

Documentario da autoría de Carlos Varela sobre as mobilizacións de As Encrobas, Baldaio e Xove.
encrobas3
XOSÉ CASTRO, FOTÓGRAFO DA REVOLTA DAS ENCROBAS

"As mulleres tiveron nas Encrobas toda a iniciativa"

Xosé Castro, autor dunha das reportaxes fotográficas máis lembradas da historia recente deste país, volverá este domingo ás Encrobas para fotografar a marcha conmemorativa que celebra os 40 anos dunha revolta que logrou frear (en parte) os excesos dos estertores do franquismo e do seu brazo empresarial, representado naquel momento por unha mina de lignito propiedade de Fenosa e do Banco Pastor. 

497305427_295x166
MEMORIA E HISTORIA

Domingo, 19 de febreiro: Marcha da Memoria nas Encrobas: 40 anos dunha loita que marcou Galiza

Os organizadores convidan a asistir levando paraugas negros ou aparellos de labranza. O motivo? Ser retratados por Xosé Castro ‘Pepucho’, o fotógrafo que coa súa cámara inmortalizou aquela loita da veciñanza contra unha empresa e un réxime.

Sechu Sende
CULTURA

AS ENCROBAS, 37 anos despois da loita no Monte de Pau Rañón

A paleadora e o camión de plástico que me mandou meu pai de Suiza cando eu tiña tres anos foi un agasallo emocionante...imaxinabamos máquinas xigantes  excavando a zona da Terra do Lume en Francelos, alí onde habia que pasar lixeiros, case no ar para non afundir os pes nas brasas.