AS ENCROBAS, 37 anos despois da loita no Monte de Pau Rañón

A paleadora e o camión de plástico que me mandou meu pai de Suiza cando eu tiña tres anos foi un agasallo emocionante...imaxinabamos máquinas xigantes  excavando a zona da Terra do Lume en Francelos, alí onde habia que pasar lixeiros, case no ar para non afundir os pes nas brasas.

Sechu Sende
photo_camera Sechu Sende

Atopei aquela  banda unha tarde de cainzo e grade en Croeda. Foi lendario...transportábame a planetas nunca imaxinados.

Cando eu tiña 6 anos....a aldea terrremota enchiase de homes con barbas negras e brancas, mentras eu xogaba coa paleadora de plástico. Eran curiosas, raras, aquelas bandeiras azuis e brancas  cunha estrela vermella no centro que sostiñan con forza e bambeantes. Imaxinábame con tribos descoñecidas.

Aquel día quedamos S.O.S na aldea, xogamos toda a mañá coa excavadora de plástico...
Os  gardas civis chegaran a moreas, decia a xente da aldea, pero disque non podian aturar que lles roubaran polas boas os montes de Pao Rañón, Aquela xornada mulleres e homes con "lighonas" e sachos  empuxaban contra tristes  figuras grises con armas de lume que metían xente nos furgóns do aparato represor con destino ao cuartel de Lonzas. Cuarenta e oito horas de loita e o monte quedou liberado. Foi o principio dunha gran victoria. As labregas fixeronse respetar, bateronlle  ao medo, loitaron contra o silencio, pola dignidalogo en de, defenderon a Terra.

"Aquel día quedamos S.O.S na aldea, xogamos toda a mañá coa excavadora de plástico...Os  gardas civis chegaran a moreas, decia a xente da aldea, pero disque non podian aturar que lles roubaran polas boas os montes de Pao Rañón"

...as xentes das Encrobas conseguiron condicións dignas...pero as máquinas xigantes chegaron ao val...ano a ano...mentras eu medraba o buraco medraba e eu odiaba aquelas grandes paleadoras e camións de ferro, aborrecia aqueles señores que querian pisar os montes para expropialos.

O luminoso val cheo de cores  empezou a transformarse en gris, negro da cor do carbón e eu medraba  co  burato negro... e moita xente medrou co corazón tinxido de escuro, o negro borrou o vermello.

As Encrobas, trinta e sete anos despois...daquela paraugas e cardeñas fronte a mosquetóns e tricornios. Hoxe o goberno socialista de Cerceda, aquel que aprobou 30 anos a expoliación e abuso, inaugura bustos de Moncho Valcarce...pura posta en escena, burla negra do poder político que abraza o poder económico....A Terra é Nosa e non de Gas Natural!

Comentarios