Xerardo Pereiro, Premio Xesús Ferro Couselo: "Os discursos sobre as identidades colectivas mercantilizáronse nas sociedades posmodernas"
Xerardo Pereiro (Palas de Rei, A Ulloa, 1968) vén de ser recoñecido co Premio Xesús Ferro Couselo, convocado polo Concello de Valga (comarca de Caldas), polo seu traballo Antropoloxía dos discursos sobre as identidades galegas. O autor doará 5% da atribución económica do premio á Plataforma Ulloa Viva.