Antón Sánchez

O silencio e a submisión non derrotarán ao Estado autoritario

Antón Sánchez, esta mañá, na sede de AGE no Parlamento de Galiza. Foto: Irene Pin
POLÍTICA

Anova denuncia que Unidos Podemos non contou con ela para lanzar a reforma eleitoral

O portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, dirixiu unha carta a Txema Guijarro, o secretario xeral do grupo confederal en que a formación galega está integrada no Congreso, ben como tamén aos 5 parlamentares de En Marea. Anova considera que a reforma eleitoral concertada por UPodemos e Cs beneficia basicamente o partido de Rivera.

Antón Sánchez
POLÍTICA

Anova convoca unha Conferencia Política para reforzar a "soberanía" das mareas locais

Será o 17 de febreiro en Teo. Apostar na maior autonomía das confluencias locais é unha focaxe distinta á aquela coa que traballa Luís VIllares, quen se inclina por avanzar na articulación dun único suxeito político. 

Antón Sánchez
POLÍTICA

"Todo é debatíbel menos o consenso do que nace En Marea"

Falo co portavoz nacional de Anova no seu despacho no Parlamento galego. O ambiente no mundo das mareas está algo enrarecido pola polémica levantada por unha iniciativa de Lidia Senra sobre a obrigatoriedade das vacinas, que Anova non partilla. En todo caso, Antón Sánchez defende con paixón a vixencia da fórmula da unidade popular. É, alega, unha exixencia das cidadás. E con idéntica enerxía enarbora os principios fundacionais de En Marea, a comezar pola consideración da Galiza como un suxeito político con direito a decidilo todo. É a entrevista política do Sermos276. Eis un avanzo da conversa.

Antón Sánchez
POLÍTICA

En Marea denuncia que a Lei de Rehabilitación favorece “o abandono e a especulación"

A Lei de Rehabilitación favorecerá “o abandono e a especulación”. Polo menos así o considera o grupo parlamentario de En Marea, cuxo viceportavoz Antón Sánchez denunciou esta mañá un texto, presentado polo Partido Popular, que “non ordena nada, senón que revolve, remexe e estende a confusión normativa”.

Non é só unha cuestión catalá

RG
POLÍTICA

En Marea leva ao Parlamento o menosprezo do xefe de redacción da RG á manifestación

Referiuse con expresións que abeiran o insulto -"carroñeiros", "inframundo", "caverna", "gentuza", "tropa"- os colectivos convocantes dunha manifestación que reuniu miles de persoas en protesta pola Lei de Depredación da Galiza e pola xestión da Xunta durante a vaga de lumes. En Marea pide explicacións ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo.

Antón Sánchez: "Catalunya aféctanos a todos, é unha cuestión de democracia"
INTERNACIONAL

Antón Sánchez: "Catalunya aféctanos a todos, é unha cuestión de democracia"

Sermos Galiza está en Catalunya para acompañar o desenvolvimento do 1-O. Falamos con Antón Sánchez (Anova), que está en Barcelona, participando canda outros representantes de diferentes organizacións internacionais no encontro en defensa dos dereitos civís e as liberdades.

Antón Sánchez
POLÍTICA

Sánchez acusa a Xunta de "especializar" Galiza na "produción de materias primas baratas"

O vice-portavoz de En Marea Antón Sánchez compareceu esta segunda feira para avaliar a proposición non de lei de fomento de iniciativas empresariais rexistada no Pazo do Hórreo polo PP. A iniciativa, acha o tamén portavoz nacional de Anova, insírese na "política de Feijóo" de "vender o país a pedazos e prezo de saldo".

Antón Sánchez
ANTÓN SÁNCHEZ

"En Marea, PSdeG e BNG debemos comprender que a alternativa ao PP é hoxe plural"

Portavoz nacional de Anova e viceportavoz parlamentar de En Marea, Antón Sánchez é unha figura ascendente no taboleiro político galego. E esta sexta feira no #VenhanMais5 deíxanos as súas impresións actuais e as súas visións de futuro.

POLÍTICA

Anova reduce a súa Executiva e aposta en Raúl Asegurado e en Iria Otero para as principais áreas

A Coordinadora Nacional de Anova, elixida na III Asemblea da formación, decidiu reducir os membros da Comisión Permanente, o seu principal órgano executivo, de 20 a 13. As áreas de maior relevancia, Coordinación e Organización, serán ocupadas por Raúl Asegurado e Iria Otero, respeitivamente.

Antón Sánchez, esta mañá, na sede de AGE no Parlamento de Galiza. Foto: Irene Pin
Antón Sánchez, coordenador de Anova

"Beiras, portavoz de En Marea? Beiras pode ser o que el queira"

En Marea ten por diante aínda dúas tarefas orgánicas: a escolla da súa Coordenadora Nacional (executiva) e a designación das persoas que ocuparán as súas portavocías (dúas mulleres e un home). Este domingo, Antón Sánchez, parlamentar da confluencia e coordenador de Anova, avalou a hipótese de unha desas portavocías ir para Beiras.

A que xoga Beiras?

Por un soberanismo post-industrial (2)

[Imaxe: @braisribeiro] Antón Sánchez
APELA A AVANZAR OS TEMPOS

Antón Sánchez desliza que podería liderar a candidatura alguén que non está agora na primeira liña da política

O coordinador nacional de Anova sinalou este sábado que “non se fala polo de agora de persoas” que encabecen a posíbel candidatura de En Marea ás eleccións galegas, aínda que deixou ver que podería liderar a lista unha persoa que non estea na primeira liña da política.