Antón Sánchez acusa a Xunta de "especializar" Galiza na "produción de materias primas baratas"

O vice-portavoz de En Marea Antón Sánchez compareceu esta segunda feira para avaliar a proposición non de lei de fomento de iniciativas empresariais rexistada no Pazo do Hórreo polo PP. A iniciativa, acha o tamén portavoz nacional de Anova, insírese na "política de Feijóo" de "vender o país a pedazos e prezo de saldo".

Antón Sánchez
photo_camera Antón Sánchez

O PP estaría a entregar "o noso territorio" en troca de "nada" ou "o que é pior, da destrución da nosa paisaxe e do noso meio ambiente", avalía o vice-portavoz parlamentar da confluencia.

"O Goberno Feijóo está a especializar Galiza na produción de materias primas baratas que non crían valor engadido, mais si provocan un forte impacto no territorio", enfatizou Sánchez, que denunciou que a iniciativa do PP, coa excusa de eliminar atrancos administrativos, o que fai é "acabar coas garantías ambientais e a participación pública da cidadanía.

Denuncia tamén a forma en que o PP coloca o debate -a proposición vaise tramitar pola vía de urxsencia- ao furtar á Cámara a hipótese dun debate máis pormenorizado e con maiores posibilidades de intervención para a oposición. Sería, entende Sánchez, un "desprezo máis" dunha formación política que ten feituras de "partido totalitario" e que se caracteriza pola súa "sobreactuación na publicidade e na propaganda". 

Moito teatro e "pouca organización e planificación", alega o vice-portavoz. Quen si planifica, afirma, serían as grandes empresas, nomeadamente nos sectores eléctrico, mineiro ou forestal: "Feijóo unicamente fai o que lle mandan".

Liberalización no sector eólico

Na industria do vento, a iniciativa do PP procura unha maior desregularización, o que favorece a concentración do sector en mans das empresas máis poderosas. Pérdese a oportunidade de estabelecer un canon eólico que pemitise un maior retorno social dos beneficios empresariais.

Comentarios