aniversario

Francisco Asorey
CULTURA

Celebran o 125 aniversario de Asorey sen presentar o programa conmemorativo

Cunha ofrenda floral institucional celebrouse esta terza feira o 125 anos do nacemento de Francisco Asorey, un dos nomes fundamentais da historia da arte galega. O programa oficial da conmemoración aínda se descoñece. 

14-F de 1984: Primeira Folga Nacional
MEMORIA E HISTORIA

14-F de 1984: Primeira Folga Nacional

No 30º aniversario da primeira Folga Xeral, convocada por forzas nacionalistas, a Fundación Moncho Reboiras recolle os testemuños da época e analisa as razóns do seu grande suceso nun documentario.
Julio Cortázar
CULTURA

“A autoestrada do sur” na nosa lingua no duplo aniversario de Cortázar

O 12 de febreiro de hai trinta anos, morría Julio Cortázar en París. Trinta anos despois do seu pasamento e cando se conmemora o centenario do seu nacemento, a Editorial Trifolium publica en galego “A autoestrada do Sur”, en tradución de X. Fernández Naval. 

naquina
Ao vivo

Tres noites de concertos para o primeiro aniversario de Discos da Máquina

Todas as bandas do selo pasarán polo escenario para dar os parabéns, musicalmente falando. Será este mes no centro social A Gentalha do Pichel, en Santiago DC. Abrirá fogo Das Kapital e pechará a retagarda A Magnifique Bande.

GpS_galiza pola soberanía
Galiza

GpS convoca actos contra a Constitución española no seu 35 aniversario

A vindeira sexta feira, 6 de decembro, a plataforma social Galiza pola Soberanía convoca actos e mobilizacións en distintos puntos do país para amosar o seu rexeitamento á Constitución española de 1978, un texto que, din, "nega os nosos dereitos como pobo".

Presidentes de Galeusca
CULTURA

Galeusca literaria celebra o trinta aniversario en Pontevedra

Dos días 25 ao 25 o Encontro da Federación Galeusca achegarase en Pontevedra á literatura infantil e xuvenil. A xuntanza das asociacións das literaturas galega, catalá e vasca conmemoran o trinta aniversario do manifesto de Poblet. 

No noventa aniversario do Seminario de Estudos Galegos

Hoxe hai noventa anos, o 12 de outubro de 1923,  que un grupo de mozos, estudantes da Universidade de Compostela, realizaron unha andaina desde Santiago de Compostela até a casa do Castro, parroquia de Ortoño, no concello de Ames da comarca da Maía, berce da familia paterna de Rosalía de Castro e onde pasara algún tempo de nena; con esta “peregrinación” simbólica e en homenaxe da escritora nacía o Seminario de Estudos Galegos. 

MEMORIA E HISTORIA

Lembran a Ánxel Casal en Compostela no 77 aniversario do seu asasinato

O BNG de Compostela e a AC O Galo desenvolveron un acto de homenaxe ao rexedor nacionalista paseado após o golpe de estado de 1936

Galiza

Imo e Ferrol conmemoran o 38 aniversario do asasinato de Reboiras

Movemento Galego ao Socialismo e Nós-UP desenvolveron senllas homenaxes ao nacionalista coincidindo coa data da súa morte

 

Galiza coa Venezuela bolivariana (202 aniversario da independencia)
Galiza

Galiza coa Venezuela bolivariana (202 aniversario da independencia)

GZvídeos
Ao vivo

No décimo aniversario, o Revenidas presenta o cartaz máis potente da súa historia

Con Fermín Muguruza, Obrint Pas e Zuloak, entre os pratos fortes e históricas bandas autóctonas como Os Diplomáticos, Ruxe Ruxe, Zënzar e Ulträqäns, Vilaxoán de Arousa promete esmorga os días 18, 19 e 20 de xullo. Alén dos concertos de pago, o festival aposta por unha programación gratuíta con outras actuacións musicais, contacontos, teatro, circo e sardiñada popular

Trópico de grelos
CULTURA

Os ritmos afrobrasilerios aterran en Compostela no décimo aniversario de Trópico de Grelos

Obradoiros de percusión, danza, circo e capoeira e mesmo concertos, e todo de balde, conforman o cartaz do BateBatuke 2013. No marco da V Xornada de Percusión Afrobrasileira, a mítica asociación de percusionistas da capital galega promete troula nos días 1 e 2 de xuño

exposición de Miguel de Palma
CULTURA

O CGAC exclúe a arte galega no programa do seu XX aniversario

A arte galega é a grande ausente da programación especial que o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) preparou para conmemorar o seu XX aniversario. Vai case medio ano deste complexo 2013 en que se conmemoran as dúas décadas da súa apertura e ningunha exposición ten como protagonista a arte galega. 

POLÍTICA

BNG participa nos actos do 40 aniversario do Frente Polisario

O secretario de Iniciativas políticas do Bloque, Nestor Rego, participa en Tindouf nos actos de conmemoración do nacemento desta organizació

 

Festival de Cans, presentación
Galiza

Agroglamour entre chimpíns e jalpóns no X aniversario de Cans

O Festival de Cans chega ao seu décimo aniversario e polas corredoiras pasearán algunhas das celebridades convidadas nesta década. Bajo Ulloa, Gran Wyoming, Tony Lomba, Silvia Superstar, Manuel Manquiña ou Xavier Villaverde subirán aos chimpíns do festival máis singular do audiovisual. 

Vicente Risco
CULTURA

Allariz lembra a Vicente Risco e revisa a súa figura no 50 aniversario do seu pasamento

Fanse cincuenta anos do pasamento de Vicente Risco e Allariz lembra a perda do escritor cunha xornada de homenaxe promovida pola Fundación que leva o seu nome mais as asociacións comerciais da localidade. O opúsculo "Quen é Vicente Risco?" revisa a figura do escritor, a súa obra e o seu perfil ideolóxico. 

Del Riego
CULTURA

A Academia conmemora o 50 aniversario da proposta do Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Del Riego

Cunha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, a RAG conmemora o sábado en Vigo o cincuenta aniversario da proposta do Día das Letras Galegas. Xosé Luís Axeitos actuará como presidente en funcións.
Lancha do xeito (Foto: Nós Diario).
CULTURA

A paixón pola cultura marítima tradicional cumpre 20 marés no mellor lugar posíbel, O Freixo

O XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia será no Freixo (Outes) en xullo de 2013 e neste porto cumprirá esta cita os seus 20 anos de existencia. Agárdanse centos de embarcacións, de tripulantes e de visitantes procedentes de diversos países europeos. Proa Sempre!
Costas, Ferrín, Angueira e Xiráldez, de esquerda á dereita
CULTURA

A “Alborada para Rosalía” bota a andar os actos oficiais do 150 aniversario de Cantares Galegos

A Alborada soará interpretada por centos de gaiteiros e gaiteiras por todo o país na mañá do 24 de febreiro. Anuncian o inicio do programa de actos oficiais para a conmemoración do 150 aniversario de Cantares Gallegos promovido pola Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo.
Museu de Marionetas do Porto
Galiza

O Teatro das Marionetas do Porto chega a Lalín no seu 25 aniversario

Cando se cumpre o 25 aniversario do seu nacemento e a poucos días de teren inaugurado o seu museo na Baixa da cidade, o “Teatro das marionetas do Porto” chega a Lalín para participar no “Titerentroido" que terá lugar dos días 9 a 12 de febreiro.