aniversario

Ponte...nas ondas! 25 aniversario
CULTURA

Ponte...nas ondas! 25 aniversario

Tema musical de Magín Blanco para o 25 aniversario de Ponte...nas ondas! Interpretado co alumnado do Centro de Ensino Público de Sabarís, Baiona. Galiza.

Ilustracións de Luz Beloso.

Coordinación musical, Segundo Grandío.

Gravación, Casa de Tolos.

384 repor 1
star
Reportaxes

NCG #10: O Novo Cinema Galego en dez filmes

O Novo Cinema Galego está de aniversario. A etiqueta celebra unha década este ano, desde a inauguración naquel profético artigo de Martin Pawley un 2 de xaneiro de 2010. Agora, transformado, é tempo de facer valoración. Unha serie de expertas valoran para Nós Diario os dez filmes máis representativos do movemento.
Aniversario da #OPEnegra o 12 de maio do 2020
SOCIAL

Aniversario da #OPEnegra o 12 de maio do 2020

12 de maio é o Día Internacional da enfermaría, data na que tamén se fai un ano da mobilización realizada por máis de sete mil enfermeiras nas oposicións en Silleda.

Para rememorar este día Enfermeiras en Loita realizou un vídeo "que representa os nosos recordos e sensacións neste último ano".

"Para a nosa profesión, aquela mobilización do 12 de maio en Silleda marcaría un antes e un despois na nosa historia recente, e só era o principio do cambio que queriamos lograr", indican.

Detalle do cartaz de Cinegaliza 2019.
Construíndo na efeméride

Cinegalicia 2019: o "síntoma" dun audiovisual diverso

Preto de 20 creadoras galegas nadas despois de 1989 conmemoran o 30 aniversario de Cinegalicia cun proxecto promovido por A Cuarta Parede, que se presentou a pasada sexta feira 20 de decembro en Compostela. As obras estreáronse na sexta feira 20 de decembro na Coruña. Celebrar a efeméride dun fito que non viviron vólvese escusa para repensar o pasado, coa ollada posta no presente. 
Concerto Banda Filarmonica Infatil2
Celebración

As e os lucenses 'dan a cara' pola Muralla

Centos de persoas animáronse pasar polo fotomatón e retratarse dentro do proxecto A Muralla e ti, unha iniciativa da área de Cultura e Turismo do Concello de Lugo para conmemorar o XIX aniversario da declaración do monumento como Patrimonio da Humanidade.

diplomáticos monte alto
CULTURA

O Bravú celebra un cuarto de século

Rastreros de Chantada, Os Diplomáticos de Monte-Alto, O Caimán do Río Tea ou Banda Xangai celebran con diferentes eventos os XXV do bravú, movemento fundamental para a normalización do galego na música.
Felipe Laxe e Juan de Dios
CULTURA

Agapi celebra 25 anos de percurso

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) fai 25 anos e celébrao en Compostela cunhas xornadas de formación, incidindo no seu compromiso coa promoción do sector que representa.
GANDHI
INTERNACIONAL

150 anos de Gandhi, o independentista gabado en todo o mundo

A India celebrou esta cuarta feira, 2 de outubro, con diversos actos por todo o país o aniversario do nacemento do pai da patria, declarado pola ONU como Día internacional da non violencia.

f_3_Feiraco
ECONOMÍA

Feiraco, 50 anos coa mirada no futuro

Feiraco naceu o 6 de xuño de 1969 nun cinema de Negreira elixido para a asemblea constituínte por ser o único espazo da contorna que podía dar acollida ás 407 persoas que asistían a esa xuntanza como socias fundadoras desta cooperativa. Unha cooperativa que, coa posta en andamento canda Os Irmandiños e Melisanto en 2016, do grupo lácteo CLUN, aspira a sumar para avanzar perante os novos retos e desafíos do sector. Eis un extracto da reportaxe, publicada no semanario Sermos Galiza en papel número 358.
foto1_TemaPrimeira
"O Segundo Sexo" fai 70 anos

Sete décadas de loita feminista con Beauvoir

Forneceu ao feminismo dunha poderosa ferramenta de análise ao sinalar o rol subordinado da muller na sociedade. A visión de Simone de Beauvoir achegou as bases para as loitas feministas nos 60 e nos 70. Con todo, "O segundo sexo" recibiu durísimas críticas tras a publicación da súa primeira parte, da que se veñen de cumprir setenta anos.

Xoán Costa, coautor da revista de pasatempos en galego. (Foto: Nós Diario)
Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A.

“Creo que contribuímos a xerar autoconfianza”

O presidente e conselleiro delegado de Sermos Galiza S.A., Xoán Costa, dá conta do balanzo dos sete anos do medio e dos retos que a empresa enfronta coa próxima saída de Nós Diario.

Montaxe_portadas
SOCIAL

#Sermos350: O aniversario!

Sumamos 350 números, sete anos de vida e un futuro por diante con Nós Diario, o novo medio, en soporte dixital e en papel, que verá a luz a finais de ano. O número 350 do semanario en papel xa está dispoñíbel na loxa.

Redacción de Sermos Galiza
ANIVERSARIO

Sermos Galiza fai sete anos na rede coa ollada posta no proxecto do novo diario en papel

Fanse sete anos da saída de Sermos dixital. Neste tempo, rexistramos máis de 38 millóns de visitas a páxinas e máis de 3,8 millóns de usuarias e usuarios únicos e convertémonos no diario nativo dixital galego líder das redes sociais.

CGAC,_Santiago_de_Compostela_Cropped
Fai 25 anos

O CGAC busca autonomía

O Centro Galego de Arte Contemporánea fai 25 anos de vida. As súas dependencias, deseñadas por Álvaro Siza na Compostela monumental, acollen a única colección pública dedicada á cuestión. Pero a pedagoxía e a autonomía son materias pendentes.

Moncho Reboiras
MEMORIA E HISTORIA

Homenaxes a Moncho Reboiras no 43 aniversario do seu asasinato

Organizacións políticas e sindicais convocan diversos actos esta fin de semana en lembranza do militante nacionalista asasinado 12 de agosto de 1975 en Ferrol

Foto Siervo. (1)
MEMORIA E HISTORIA

80 aniversario do asasinato de tres homes bons

Hai oitenta anos, falamos do 12 de xaneiro de 1938, eran asasinados en Mondoñedo tres demócratas de practica e convicción. Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez.

50 cabodano do Che Guevara

Até sempre, Comandante

A CIA e a dereita de toda América Latina confiaban en que a desaparición física de Ernesto Guevara de la Serna, o Che, suporía un golpe de efecto decisivo en contra dos movementos de liberación nacional e a causa revolucionaria no continente. No entanto, cinco décadas despois, o pensamento e a acción de Guevara continúan a ser fonte de inspiración de millóns de persoas no mundo que seguen a acreditar nun futuro de xustiza social, igualdade e fraternidade internacionalista. Escribimos sobre isto no Sermos 267. Eis un extracto.

#SG243 Veñan máis 5!

Membros da Asociación Jimmy Sempre con Nós
Falamos coa Asociación Jimmy Sempre con Nós

“O asasinato de Jimmy é unha cuestión política e non futbolística"

Pasaron dous anos desde que o afeccionado do Deportivo Francisco Javier Romero, alcumado “Jimmy”, fora asasinado a escasos metros do estadio Vicente Calderón, do Atlético de Madrid. Pasaron dous anos mais todo segue igual. A asociación antifascista Jimmy Sempre con Nós considera o asasinato de Jimmy “unha cuestión política” que vai alén do fútbol.

Lucecús Teatro representará "A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna"
A cargo de Lucecús

Teatro para conmemorar o 87º aniversario do nacemento de Manuel María

A Fundación Manuel María de Estudos Galegos vai festexar o 87 aniversario do nacemento do autor a quen este ano se lle dedican as Letras Galegas. Farao este sábado, na Casa-Museo de Outeiro de Rei, cunha xuntanza anual de amigos e amigas da fundación e coa representación da obra A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna, de Lucecús.